martes, 8 de marzo de 2022

8 DE MARZO

 Ola a todas e todos. Hoxe celebramos o Día da Muller, 8 de marzo.

No cole este ano decidimos render homenaxe ás mulleres da nosa vida, a esas mulleres que fixeron que nós estivésemos aqui, non só porque nos deron a vida senón tamén se encargaron de facer que a nosa vida saíse adiante falamos das heroínas da familia as nosas BISAVOAS E AVOAS.

Pedimos fotos e estamos gratamente agradecidos da gran acollida que tivo a nosa proposta, estamos felices de toda a participación quedan uns detalles por aquí e acolá pero queremos que vexades como queda a entrada do cole.

Grazas a todas e todos por participar neste fermoso proxecto.




















martes, 22 de febrero de 2022

23 de febreiro: Rosalía no noso cole.

 Mañá celébrase un día especial nas Letras Galegas: o da nosa poetísa máis recoñecida Rosalía de Castro.

No cole fixemos actividades para este acontecemento, ademais de colocar o gran colaxe co seu retrato, elaboráronse flores para poñer ao lado.

Sabedes que floress son? Si, son PENSAMENTOS!! que eran as súas flores favoritas, e lembrar así que os seus pensamentos poéticos estiveron moi adiantados á súa época de aí a súa relevancia. Aquí vos deixamos unha mostra de como quedou o traballo.













miércoles, 16 de febrero de 2022

O día de Rosalía

 Un ano máis chega febreiro, mes curto en días pero moi especial para todos os galegos e galegas, chega o día de Rosalía, a nosa poetisa máis recoñecida ( aínda que este ano as Tanxugueiras están dándolle duro con iso dos recoñecementos)

No cole imos a celebralo como se merece pero para abrir boca imos deixar o enlace dun genially para que coñezades un pouco mellor a vida de Rosalía.

Atrevédesvos a participar?


https://view.genial.ly/5ff75e8bc217200ce77cc6d5







miércoles, 2 de febrero de 2022

2 de febreiro día da Candeloria

 2 de febreiro, día da Candeloria

O Día das Candeas ou Día da Candeloria celébrase no 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar.
A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral.
O Día da Candeloria ten orixe nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza, que como a noite de San Xoán, a Semana Santa, o Nadal e moitos outros, acabou por ser cri seustianizado. Neste caso tratábase do ritual do lume, coas súas virtudes apotropaicas (de afastamento de desgrazas, protectoras).




Visto en redes. Fonte texto e foto Orgullo Galego

Pois falando de aves imos deixar un pequeno reto en forma de xogo para ver cantos nomes de aves coñecedes.
Ánimo e sorte

Rosco de Aves
















jueves, 23 de diciembre de 2021

BOAS FESTAS.

 O Nadal é un tempo de tradicóns en todo o mundo e en Galicia son moitas  que permanecen no noso pobo e é bo coñezamos e conservemos.

Deste xeito deixamos aquí o nos desexo de felicidade e tamén o desexo de manter viva a nosa lingua e a nosa cultura. 

Boas festas, Bo Nadal e Feliz aninovo.








 E POR SUPOSTO O NOSO APALPADOR.





miércoles, 17 de noviembre de 2021

Darío Xohan Cabana

 Galicia está de loito!

Temos a tristeza de anunciar que vén de falecer Darío Xohan Cabana aos 69 anos de idade, un XIGANTE dos escritores galegos.

Fillo de labregos comunistas e militante nacionalista, traballou en Edicións Castrelos, como repartidor de libros a domicilio e foi militante sindicalista da INTG. Tamén traballou en Corcubión como garda municipal, e ao remate dese período regresou a Lugo como funcionario do concello onde durante un tempo se encargou da vixilancia de edificios culturais municipais.

Foi académico da Real Academia Galega, columnista na Voz de Galicia e membro do Consello de Redacción da revista A Trabe de Ouro.

Escribíu moitísimos libros de poesía, narrativa, literatura xuvenil, ensaio e traducción. Traduciu ao galego importantes libros como Divina Comedia de Dante, o Cancioneiro de Petrarca, a Vida nova de Dante, a Antoloxía do Dolce Estilo Novo, Os trobadores da Occitania ou Os Tres Mosqueteiros de Alexandre Dumas.

Escribiu destacados libros como Galván en Saor, O cervo na Torre ,Morte de rei, Verbas a un irmao, Romanceiro da Terra Cha, Ábrelle a porta a un día, A fraga amurallada ou o grande libro de poesía Vinte Cadernos entre outros. 

A súa novela Galván en Saor é un dos libros máis vendidos en toda a historia da literatura galega. Recibiu numerosísimos premios ao longo da súa vida.

Sempre na memoria, grazas polo teu contributo ao noso idioma!







Visto en redes



jueves, 11 de noviembre de 2021

Magosto

 Mañá celébraremos no noso cole unha das festas máis tradicionais de Galicia, o magosto. Comeremos castañas, e despois haberá sorpresas varias para todo o alumnado e profesorado esperemos que vos guste.

No cole estívose traballando esta data con diferentes actividades deixamos aquí unha mostra do que se puido facer nas diferentes aulas.


https://es.calameo.com/read/006704766051cd5f526ea

A data do magosto está moi relacionada co San Martiño, fixádevos que ditos tan atinados relacionados con esta conmemoración.




 






visto en redes.


Maña celebrarase por todo o alto.

 


 


Rematou 2025. Benvido o novo ano.

 Estamos en tempo de transición. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega quere desexar desde este foro un feliz ano a todos e todas. Un an...