Hoxe no cole celebramos o día da paz, non puidemos facer os nosos tradicionais bailes pero non queriamos deixar de facer algo para lembrar a importancia de manter a harmonía e a paz en todo o mundo empezando polo máis próximo a nós: o noso cole.
Nenas e nenos de 6º de EP leron o poema de Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda "cantarola dos nenos" que o resto do alumnado e profesorado escoitou desde as súas aulas. A continuación escoitouse a versión cantada de Suso Vaamonde. Foi unha actividade de todo o centro para non esquecer que día a día temos a oportunidade de manter a paz nas nosas vidas.