Ola de novo, seguimos coa nosa aportación ao proxecto deste ano mudamos palabras e refráns para que as nosas nenas e os nosos nenos aprendan un pouco máis de vocabulario e dos nosos ditos.
Agardamos que vos gusten!
Ola de novo, seguimos coa nosa aportación ao proxecto deste ano mudamos palabras e refráns para que as nosas nenas e os nosos nenos aprendan un pouco máis de vocabulario e dos nosos ditos.
Agardamos que vos gusten!
Non, non nos estamos referindo a esta tolemía de tempo que estamos tendo estes días nos que un día vai un calor abafante e ao seguinte vai un fresco de coidado.
QUE FRÍO! é o proxecto que este ano temos no noso cole.
Dende EDLG queremos facer unha última contribución neste curso, así que decidimos xuntar os nosos ditos, refráns e expresións en galego que nos axuden a entender un pouco o tempo, a coñecer palabras novas e todo o que se nos ocorra falando de FRÍO.
Deixámosvos a primeira aportación de ditos e palabras.
Dende EDLG estamos moi felices de todo o traballo realizado nesta semana na que nos adicamos a potenciar a nosa lingua.
Traballamos moitas e diversas actividades, entre elas as do www.seminariogalan.org coas súas actividades interactivas e de papel. Unha das que máis triunfou foi o libro das lapelas.
Ola de novo seguimos celebrando as nosas Letras Galegas. Hoxe as nosas pandereiteiras amenizaron as saídas e entradas á hora de lecer. Un pracer escoitalas.
Xa vimos como quedaban nalgúns locais que os colocaron en primeira liña de atención aos seus clientes.
Na entrada de onte anunciabamos sorpresas novas. Neste ano ademáis de celebrar e traballar co autor homenaxeado, Florencio Delgado Gurriarán, dende EDLG quixemos facer algo especial para que toda a contorna vexa o ben que se traballa no noso cole.
Pedimos aos nenos e nenas que copiasen unha poesía dun escritor ou escritora ilustre das Nosas Letras, con el fixemos un rolo, atámolo e colocámolos nunha cesta, envoltos en papel celofán e hoxe repartimos as cestas por comercios do barrio para que quen se achegue a mercar poida levar un agasallo, deste xeito apoiamos aos nosos veciños comerciantes e compartimos a nosa lingua con toda a comunidade da contorna.
Grazas pola colaboración ao alumnado, profesorado e familias, e apertas e forza para os nosos comerciantes de proximidade.
Ola a todas e todos, esta semana estamos de festa preparándonos para o gran DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Como non podería ser menos o noso cole engalánase para que non pase desapercibida esta gran data.
Deixámosvos unha mostra de como está quedando o noso traballo.
Que ben empezamos a semana! Hoxe no cole celebrouse o noso magosto. Xa dende primeira hora, e cos nosos amigos do ganchete, algúns coñecido...