sábado, 30 de septiembre de 2023

Volven os nosos encerados comunicativos

 Sabemos que estamos na era dixital. Mais nós dende Edlg queremos que non se perda a esencia da comunicación tradicional, que o alumnado fale, escriba e se comunique sen ter que usar ningunha máquina.

Por todo iso queremos seguir cos nosos encerados comunicativos e este curso imos darlle unha nova misión as nenas e nenos do cole.

Cada mes haberá un eixo que nos indique sobre que temos que escribir. Irémolo poñendo nas grellas da entrada e durante ese mes todas e todos aqueles que queiran poden traer escrito en galego algo relacionado con ese "mandado"

Xa o temos todo preparado. Agora só falta que nos animemos como nos di D. Francisco, o autor das Letras Galegas 2023.



No mes de outubro o noso reto vai ser o seguinte:




Así que esperamos unha gran participación para encher as grellas de moita poesía, copiada ou inventada. Quen sabe se temos un ou unha gran poeta no noso cole e comeza con nós a súa andaina!!


















sábado, 9 de septiembre de 2023

VOLTAMOS!!

 Que rápido pasa o verán, non si? pois xa estamos de volta, cunha pouca de nostalxia polos días que quedan atrás pero con moita ilusión para o novo curso.

O cole está preparado, agarda por ese alumnado que chegará o luns medio durmido e algo nervioso para voltar á rutina de cada ano. 

Agardámosvos! 










sábado, 17 de junio de 2023

Chega o verán

á



No mes de setembro comezabamos con novas ilusións o curso. Empezamos a mandar mensaxes para que o noso idioma se visualizase nada máis entrar. Todos os cursos do cole participaron poñendo a súa mensaxe. 

Rematan os máis cativos, alumnado de 4º de EI, que xa en setembro deixaran de selo. Déixannos mensaxes de felicidade. Non podiamos rematar mellor os nosos encerados comunicativos.

Agardámosvos en setembro con novas ideas e a mesma teima: QUE O GALEGO SE VALORE COMO SE MERECE.









 

D. Francisco segue presente

 Todas e todos os que visitastes o centro estes días observariades que o noso "D. Paco" segue moi presente dándonos consellos para non esquecer o bonito que é o noso idioma. 

Deixámosvos as últimas recomendacións.



  











miércoles, 17 de mayo de 2023

Feliz Día das Letras Galegas

 Hoxe é un día grande, hoxe a nosa lingua, literatura e cultura están de festa. 

Dende EDLG estamos tentando que todos os días sexan de celebración para as nosas Letras pero onte quixemos facelo de un xeito especial.

Agradecemos a colaboración das nosas marabillosas pandereteiras e tamén a achega excepcional do gran Davide, non podemos máis que ter agradecemento infinito por esta magnífica colaboración.

Aqui deixamos os vídeos para que todas e todos poidades gozar un pouco da nosa festa de onte.

E non esquezades  poñer en valor o noso idioma todos os días do ano.

Feliz Día das Letras Galegas 2023.






















martes, 16 de mayo de 2023

Flores para a veciñanza

 Un ano máis o cole quere compartir cos veciños e veciñas do noso barrio o día grande das nosas Letras.

Hai uns días faciamos unha entrada para darvos unha pista do agasallo que estaban preparando os nenos e nenas do cole para repartir polos comercios da contorna. E son os propios comerciantes os que vos farán chegar as nosas flores do Día das Letras Galegas.

Son pequenos agasallos que desexamos cheguen ao maior número posible de persoas do barrio, feitos con moito agarimo.

FELIZ DÍA DAS LETRAS A TODOS.

E XA SABEDES: O ÚNICO GALEGO MAL FALADO É O QUE QUEDA NOS NOSOS BEIZOS POR DICIR.

FALADE GALEGO!

ESCRIBIDE GALEGO!

PENSADE GALEGO!

SOÑADE GALEGO!










jueves, 4 de mayo de 2023

Achégase o Día das Letras

 



Está chegando o Día máis especial para a nosa Lingua. Como non pode ser menos no cole xa nos estamos preparando para que todo o mundo se decate do moito que valoramos e queremos o noso idioma.


Este é D. Francisco Fernández del Riego o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2023. El vainos acompañar dándonos consellos e recomendacións para que usemos a nosa Lingua.  O primeiro que nos dixo foi:

"Consigamos un futuro cheo de GALEGOFALANTES"  

Que frase máis fermosa!!! Oxalá se cumpla!!

Na entrada do cole xa temos a exposición coa súa vida para que toda a comunidade escolar poida coñecer a este autor.
Os carteis son do Grupo de Traballo seminariogalan.org no que somos centro colaborador.
Deixamos unha mostra pero pasade polo cole e veredes e leredes para ter máis información.







E por se alguén quere máis información deixamos o enlace da páxina onde podedes atopar moitas cousas interesantes para saber máis sobre D. Francisco Fernández del Riego...D. Paco: o argallante.



















Volven os nosos encerados comunicativos

 S abemos que estamos na era dixital. Mais nós dende Edlg queremos que non se perda a esencia da comunicación tradicional, que o alumnado fa...