Boas!
Hoxe visitamos as árbores que plantamos hai unha semana e comprobamos que están fermosísimas, puxémoslle o nome para que se distingan ben. Non deixedes de visitalas á volta.
Boas vacacións, vémons á volta con máis novidades.
Boas!
Hoxe visitamos as árbores que plantamos hai unha semana e comprobamos que están fermosísimas, puxémoslle o nome para que se distingan ben. Non deixedes de visitalas á volta.
Boas vacacións, vémons á volta con máis novidades.
Ola a todas e todos, sen dúbida hoxe é un día grande, celebramos dous eventos importantes, o DÍA DA ÁRBORE E O DÍA MUNDIAL DA POESÍA, non queriamos deixar pasar esta data sen facer referencia a estes eventos.
Día da árbore
O día da árbore ou festa da árbore é un recordatoio da importancia de protexer as superficies arbóreas e os nosos bosques. Ás árbores, entre outros moitos beneficios, transportan o dióxido de carbono, responsable do efecto invernadoiro, en biomasa, minimizan os riscos de inundacións e evitan a erosión entre outras moitas funcións.
Como xa sabedes, e do que teredes noticias, a semana pasada no noso colexio plantamos dúas novas árbores, unha maceira e un loureiro. Ademais cada curso traballou, e moito, nunha especie arbórea e fixerono protagonista dun relato. Xa iremos dando noticias sobre estes traballos.
Para o equipo de EDLG é fundamental a concienciación medioambiental e contribuír a preservar as nosas árbores como parte do futuro da nosa Terra.
Unimos hoxe dous acontecementos vitais a natureza e a poesía, as palabras e o natural, o mundo do físico e o espiritual.
Que ben empezamos a semana! Hoxe no cole celebrouse o noso magosto. Xa dende primeira hora, e cos nosos amigos do ganchete, algúns coñecido...