Hoxe traemos varias novidades.
Os compañeiros e compañeiras de 6º compartiron con nós nos últimos 15 días moitas cousas interesantes nos nosos encerados.
Grazas pola colaboración, fermoso traballo.
Pois así como quen non quere a cousa o outono está enriba de nós.
Xa sabemos que o outono comezou hai un mes pero esta semana chegou de verdade o tempo meteorolóxico, tempo de abrigarse, de facer máis cousiñas na casa. E como o Samaín está á volta da esquina imos alá propoñendo a colaboración de todas e todos para ter as cabazas máis terroríficamente fermosas de toda a contorna para isto enviamos unha nota o venres na que vos explicamos como imos facer este curso para celebrar o noso SAMAÍN