sábado, 18 de mayo de 2024

Saborea o galego

 Foi un día emocionante o día 16. Nós sempre defendendo o noso idioma quixemos render unha homenaxe á autora principal deste ano nas Letras Galegas, Luísa Villalta Gómez.

Gran poeta, escritora, defensora do galego, implicada na sociedade e que sentiu sempre unha paixón pola música e en concreto polo violín.

Tivemos o pracer de gozar dunhas pequenas pezas á entrada do noso cole interpretadas maxistralmente por alumnado do Conservatorio de música da Coruña. Como nos gustan estas colaboracións, terémolas en conta para vindeiros anos.

O noso lema deste ano, como moitas e moitos veciños leron nos agasallos que entregamos aos comercios era "Eu saboreo o galego"

Pois nós saboreamos o galego e gozamos escoitando a súa música.








 






Pasaron, como non podía ser dorutro xeito, pola zona de infantil para que o alumnado máis cativo tamén gozase da súa actuación.









Mais ao longa da semana todas as aulas fixeron os seus traballos para Letras Galegas, non podemos poñer fotos de todo o gran traballo que se realizou pero unha pequena e grande mostra  foi a que realizaron as nenas e nenos de 5ºB. Grazas polo traballo.





UN CURSO MÁIS O CEIP RAMÓN DE LA SAGRA QUIXO FACER GRANDE O MÁIS GRANDE QUE TEMOS EN GALICIA, A NOSA CULTURA, LITERATURA E TRADICIÓN.
GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA MARABILLOSA COLABORACIÓN E FAGAMOS QUE AS NOSAS LETRAS OCUPEN TODOS OS DÍAS UN SITIO DESTACADO NAS NOSAS VIDAS,





miércoles, 15 de mayo de 2024

Hoxe agasallamos

 Como ben sabedes estes últimos anos quixemos compartir coa veciñanza o noso Día das Letras Galegas. Levamos uns anos que coa axuda dos comercios da contorna nos achegamos a todas e todos para lembrar esta data tan especial.

Hoxe levamos os regalos deste ano, son saborosos e fixémolo con todo o noso cariño agardamos que sexan do voso gusto. Imos deixar lembranza gráfica para que vexades como se traballa de ben no Ceip Ramón de la Sagra.


Lembrade " Eu saboreo o galego"

















E mañá máis sorpresas!!!!









sábado, 11 de mayo de 2024

As Nosas Letras no noso cole

 Efectivamente, estamos xa mergullados no mes grande das Nosas Letras.

 Chega o 17 de maio e o cole está preparado para achegar a toda a conunidade educativa a figura de Luísa Villalta, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras no 2024.

 Lembrade que o noso lema é: Todos os días son Días das Letras Galegas.

Deixamos unha mostra da exposición que colocamos na entrada e escaleiras do cole.


Nas grellas da entrada poderedes ler algúns dos poemas que Luísa Villalta escribiu.








Polas escaleiras ata o primeiro andar están expostos os carteis da biografía: vida e obra desta autora coas magníficas ilustracións de Carlos Gallego Domínguez https://carlosgallegodominguez.com/ 
colaborador de  http://seminariogalan.org/ no que o noso centro participa.




E non esquecemos que a veciñanza vai ter sorpresa para celebrar o Día das Letras Galegas!



Haberá máis...empeza a Semana Grande!!!









sábado, 4 de mayo de 2024

Traballando para o día grande!!!

No galego temos palabras doces como o mel, suaves como as plumas de paxaro e fermosas como os días solleiros de primavera. 
Falar, escríbir, pensar e soñar, sempre en galego!!!


Como todos os anos o alumnado do colexio traballa arreo para compartir coa veciñanza un agasallo especial.

 A sorpresa deste ano vaivos gustar moito...saboreádea!!!



Primeiro paso


      Traballo nas aulas

                                                  Seguimos traballando
                                                             Empezan a verse resultados



                                                                Xa imos gardando!!


                                                  O resultado final ten que verse no seu momento.

A que xa tedes curiosidade??









miércoles, 1 de mayo de 2024

E chegou maio...o noso mes






Fonte: R.A.G


Empezamos maio, o mes máis especial para todos e todas as que queremos ao noso idioma. Moitas son as tradicións que se recollen en toda Galicia neste mes. empezando pola celebración dos maios e continuando coa data sinalada para as nosas Letras. 
Comezamos o mes recollendo un dos antigos costumes que non queremos que se perda, a nosa intención é trasmitilo para o seu coñecemento. Nela a Galicia misteriosa e esotérica mestúrase coas peticións de bos augurios.
A fonte da información pertence a:



Nesta páxina atoperedes multitude de información sobre diversas tradicións da nosa Terra.


Cando chega o mes de maio a xesta aparece nas portas das casas, carros, leiras, embarcacións, fiestras e actualmente nos coches. É un costume especialmente arraigado nas Rías Baixas e Norte de Portugal inda que se recolle por toda Galiza

Os vellos contan que a xesta hai que poñela na porta da casa antes do solpor o 30 de abril para protexerse contra o "mal de ollo", para que non poida entrar o maio, nin collan o meigallo.

Temos que ter en conta que hoxe vivimos de costas á natureza, pero até non hai tantos anos esta era fundamental para o subsistir das familias, polo tanto estes ritos están enmarcados nese mundo agrario e de exaltación da fertilidade e a vida vexetal, despois do ciclo de inverno. En resumo, as distintas culturas agradecen á natureza mediante estes ritos, agradecían as colleitas, a fertilidade da terra, a luz, pedían protección...

 A xesta é tamén a flor dos namorados. Antes, os mozos entregábanllas ás raparigas que pretendían; se esta a aceptaba, daba a entender que tamén o aceptaba como pretendente. E segundo a tradición recollida por Ramón Cabanillas, aquelas mozas casadeiras que peregrinaban á Franqueira que acertaban a anudar unha poliña de xesta dándolle voltas só cun dedo, casaban nun ano.

Fonte: orgullogalego.gal



 

Seguide con atención o noso blog, agárdannos sorpresas neste mes de maio de flores cuberto.






Magosto

Que ben empezamos a semana!  Hoxe no cole celebrouse o noso magosto. Xa dende primeira hora, e cos nosos amigos do ganchete, algúns coñecido...