Estimada Rosalía:
Hoxe que celebramos o teu día queremos escribir o noso sentimento, o noso respecto e a nosa admiración pola gran poeta que fuches e polo gran labor que a túa obra trae para facer da nosa lingua, a túa lingua, unha lingua viva e querida.
Son tempos díficiles para o idioma galego, son tempos de loita para non perder o que representa a nosa identidade. A lingua leva implícito a trasmisión de cultura, de tradicións e de conservación do que nos precede. Por iso, querida Rosalía, botamos en falta máis mulleres que, coma ti, fagan do noso un orgullo e un recoñecemento a toda a nosa Terra.
Temos un longo camiño por andar pero ten por seguro que non imos desistir.
As institucións réndenche homenaxes, no ano onde a trasmisión oral, a do pobo, é recoñecida.
Nós decoramos portas co teu nome
Poñemos fotos nas nosas cortizas.
Facemos actividades para que todas e todos te coñezan.
E enchemos de flores o teu retrato
Nesta época, ti avanzada como ninguha, usarías a internet para que o noso se coñecese como é merecido. Hai unha esperanza en páxinas que levan adiante o teu legado e te lembran, como nós, como a referente da cultura galega.
Fonte Orgullo galego , sacado da internet.
Aínda así queremos agradecerche, benquerida Rosalía, todo o que por Galicia fixeches e todo o que polo noso loitaches.
Non te esquecemos e faremos que o día de Rosalía dure 365 días cada ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.