Na entrada de onte anunciabamos sorpresas novas. Neste ano ademáis de celebrar e traballar co autor homenaxeado, Florencio Delgado Gurriarán, dende EDLG quixemos facer algo especial para que toda a contorna vexa o ben que se traballa no noso cole.
Pedimos aos nenos e nenas que copiasen unha poesía dun escritor ou escritora ilustre das Nosas Letras, con el fixemos un rolo, atámolo e colocámolos nunha cesta, envoltos en papel celofán e hoxe repartimos as cestas por comercios do barrio para que quen se achegue a mercar poida levar un agasallo, deste xeito apoiamos aos nosos veciños comerciantes e compartimos a nosa lingua con toda a comunidade da contorna.
Grazas pola colaboración ao alumnado, profesorado e familias, e apertas e forza para os nosos comerciantes de proximidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.