Ola, o curso vai a todo filispín e dende EDLG xa comezamos a facer as nosas cousiñas.
Como primeira aportación fíxose unha plantación de lavanda nun dos poucos espazos verdes que poden gozar os nosos alumnos e alumnas. Agora a esperar a que medre e despois experimentar o seu recendo tan fermoso. Un espazo para coidar e manter entre todos.
Velaí van unhas fotos para que todas e todos saibades onde están.
Por outra banda esta semana comezaron os "encerados participativos" nos que alumnado do cole vai a plasmar as súas ideas, palabras, frases ou inquedanzas para compartir cos demais e aprender así novo vocabulario ou novas expresións en galego.Mirade que fermoso quedou o das compañiras e compañeiros de 6º deixaron o pavillón ben alto, así que a seguir así todo o curso. Fermoso!!! Grazas por compartilo con todas e todos nós!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.