Ola de novo!
Como pasa o tempo! Día a día xa pasou o xaneriro xeadeiro e chegamos ao mes do Entroido.
En febreiro e para escorrentar o frío temos unha das festas máis populares de toda Galicia. Moitas son as zonas onde ferve o ambiente carnavaleiro. O que se vai esquecendo é que o Entroido, Antroido ou carnaval comeza moito antes dos días máis sinalados ou coñecidos.
Este ano nos nosos encerados comunicativos puxemos nome a cada un dos días de celebración para que vexades que non se limita a unha festa de poucos días. Mirade ben e se queredes investigade que se ten que facer en cada unha das datas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.