Como pasa o tempo!!!
Xa estamos outro ano máis celebrando o Nadal. como non podía ser menos no cole celebrámolo por todo o alto.
Decoración.
Solidariedade.
Ilusión.
e....lambetadas.
Un ano máis o alumnado de 4ºA recolleu turrón para compartir cos menos afortunados, grazas a todas e todos pola implicación.
Repetimos tamén mandar un pouco de agarimo e ledicia para os nosos maiores que, moitas veces nestas datas, se volven nenos e nenas e tamén queren o seu momento de ilusión. Preciosas todas as postais. Sodes grandes artistas e moi xenerosos e xenerosas.
Visita especial dun enviado que recolleu as nosas peticións para trasladalas aos encargados ou encargadas de facelas posibles.
E queda unha última actividade para o día final que será moi, moi saborosa.
E por suposto a gran DECORACIÓN de todas as aulas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.