Fonte: R.A.G
Empezamos maio, o mes máis especial para todos e todas as que queremos ao noso idioma. Moitas son as tradicións que se recollen en toda Galicia neste mes. empezando pola celebración dos maios e continuando coa data sinalada para as nosas Letras.
Comezamos o mes recollendo un dos antigos costumes que non queremos que se perda, a nosa intención é trasmitilo para o seu coñecemento. Nela a Galicia misteriosa e esotérica mestúrase coas peticións de bos augurios.
A fonte da información pertence a:
Nesta páxina atoperedes multitude de información sobre diversas tradicións da nosa Terra.
Cando chega o mes de maio a xesta aparece nas portas das casas, carros, leiras, embarcacións, fiestras e actualmente nos coches. É un costume especialmente arraigado nas Rías Baixas e Norte de Portugal inda que se recolle por toda Galiza
Os vellos contan que a xesta hai que poñela na porta da casa antes do solpor o 30 de abril para protexerse contra o "mal de ollo", para que non poida entrar o maio, nin collan o meigallo.
Temos que ter en conta que hoxe vivimos de costas á natureza, pero até non hai tantos anos esta era fundamental para o subsistir das familias, polo tanto estes ritos están enmarcados nese mundo agrario e de exaltación da fertilidade e a vida vexetal, despois do ciclo de inverno. En resumo, as distintas culturas agradecen á natureza mediante estes ritos, agradecían as colleitas, a fertilidade da terra, a luz, pedían protección...
A xesta é tamén a flor dos namorados. Antes, os mozos entregábanllas ás raparigas que pretendían; se esta a aceptaba, daba a entender que tamén o aceptaba como pretendente. E segundo a tradición recollida por Ramón Cabanillas, aquelas mozas casadeiras que peregrinaban á Franqueira que acertaban a anudar unha poliña de xesta dándolle voltas só cun dedo, casaban nun ano.
Fonte: orgullogalego.gal
Seguide con atención o noso blog, agárdannos sorpresas neste mes de maio de flores cuberto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.