lunes, 11 de noviembre de 2024

Magosto

Que ben empezamos a semana!

 Hoxe no cole celebrouse o noso magosto.

Xa dende primeira hora, e cos nosos amigos do ganchete, algúns coñecidos de anos anteriores e outros coñecendo aos que serán os seus amigos a partir de hoxe para diferentes actividades, comezaron a decorar as súas caixas do magosto.






Días antes xa moitas clases decoraron e prepararon a festa para coñecer un pouco máis esta tradición. Así de fermosa quedou decorada a clase de 3ºA

                                                               Sodes uns artistas!!!



 Barállanse diferentes teorías sobre a orixe etimolóxica do termo galego magosto. As máis populares son as latinas magnus ustus (gran fogo) ou magnum ustum (que destaca o carácter máxico do lume). Antano preparábanse as fogueiras con rachóns de breixo para asar as castañas recollidas no monte.

 Como a nós fáisenos difícil todo este proceso, e sen querer perder esta bonita e antiga festa traemos aos profesionais castañeiros que cada ano nos deleitan co bo produto e nos fan unhas castañas deliciosas.



E a partir daquí a gozar da festa. Hoxe cun día marabilloso e agardando que no próximo ano poidamos gozalo co patio rematado.

As reporteiras gráficas de EDLG deixaron fotos do evento.





Ata o próximo ano!!!!




 








miércoles, 6 de noviembre de 2024

O paleolítico en Galicia.

 Co título "O amencer da humanidade", dende hoxe hai unha nova exposición no noso centro. 

Nela podemos descubrir como foron os primeiros albores da humanidade e meternos de cheo na prehistoria.

Agradecemos á Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) que nos ofrecese esta exposición para que toda a comunidade educativa se achegue a esta información.

Dende EDLG pelexamos día a día para que todo a nosa historia estea presente, empezando dende as orixes da humanidade. 

Agardamos que vos guste.























23 de febreiro. Carta a Rosalía

 Estimada Rosalía: Hoxe que celebramos o teu día queremos escribir o noso sentimento, o noso respecto e a nosa admiración pola gran poeta qu...