martes, 29 de enero de 2019
sábado, 26 de enero de 2019
Ramón de la Sagra. Biografía
Dende o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega editamos un díptico para informar a toda a comunidade educativa sobre a figura de Ramón de la Sagra co obxectivo de dar a coñecer á persoa que lle dá nome ao noso centro.
O díptico entregouse ás familias no mes de decembro co cal xa o coñecedes en papel, agora queremos que todo o que teña curiosidade poida acceder tamén desde este blog.
Agardamos que sexa unha información do voso interese.
Ata pronto.
lunes, 10 de septiembre de 2018
Xa estamos de volta.
Dende o equipo de EDLG do Ramón de la Sagra queremos darvos a benvida a todos e todas ao novo curso. Agardemos que todos gocemos de novas e estimulantes experiencias coa nosa lingua como protagonista.
Deixamos aquí como comezo un poema de Eduardo Pondal, o bardo de Ponteceso, para que xa dende o primeiro día vos vaiades animando a ter o galego presente nas vosas actividades cotiás.
Bo comezo e benvidas e benvidos ao novo curso 2018/2019

FALADE GALEGO
Meniñas da Cruña,
de amabre despexo,
de falas graciosas
e pasos lixeiros,
deixá de Castela
os duros acentos:
falade, meniñas,
falade galego.
Cando é que vos ouzo,
a patria esquecendo,
falar esas duras
palabras de ferro,
non sei o que sufro,
non sei o que peno:
falade, meniñas,
falade galego.
Mas cando falades
nos patrios acentos,
envoltos no voso
anxélico alento,
parece que escoito
un canto do ceo:
falade, meniñas,
falade galego.
Eduardo Pondal (2001). Poesía galega completa II Poemas Impresos, edición de Manuel Ferreiro. Santiago de Compostela. Sotelo Blanco

miércoles, 13 de junio de 2018
Os peixiños do mar
Isto xa vai rematando... mais non podiamos despedirnos sen ensinarvos o fermoso resultado do traballo feito por toda a comunidade educativa do CEIP Ramón de la Sagra. Grazas Manuel pola túa axuda!
peixiños mar from EDLG Ramon Sagra on Vimeo.
Bo verán!!
martes, 29 de mayo de 2018
Celebración das Letras Galegas
Este ano, contamos con numerosas actividades para a celebración das Letras Galegas:
A inauguración da semana das nosas letras veu da man dun trío de cantareiros que actuaron para todo o colexio. Queremos agradecerlle ao pai de Xela de E.Infantil por ensinarnos o seu cantar. Aquí vos deixamos mostra do ben que soan:
Mª Victoria Moreno foi a homenaxeada este ano polo día das Letras Galegas, polo que non podía faltar unha actividade para a súa memoria. Esta foi "DA RIMA Á LIÑA", quixemos afondar na literatura a través dos sentidos e non podía estar mellor guiada máis que por Laura Rey, traballadora do noso colexio e escritora. Moitas grazas a Laura pola súa colaboración.
O peche da celebración foi moi especial xa que Sebas decidiu agasallarnos tocando para nós. Ollade e desfrutade:

miércoles, 28 de febrero de 2018
Cartas a Rosalía
O 24 de febreiro foi o día de Rosalía de Castro e para recordala decidimos realizar un pergamiño para ela. Aquí vos deixamos a exposición do traballo de cada un dos cursos.

jueves, 15 de febrero de 2018
Lembramos a Rosalía
O día 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía. Aquí vos deixamos dous vídeos para achegar a súa figura.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Rematou 2025. Benvido o novo ano.
Estamos en tempo de transición. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega quere desexar desde este foro un feliz ano a todos e todas. Un an...
-
Este ano o Día das Letras foi sábado, mais nós non podemos deixar de celebrar como se merece o noso día grande, o venres fixemos festa. Ti...
-
Estimada Rosalía: Hoxe que celebramos o teu día queremos escribir o noso sentimento, o noso respecto e a nosa admiración pola gran poeta qu...
-
Esta é a semana das nosas LETRAS, aínda que nós seguimos dicindo que todos os días son marabillosos para empregar a nosa fermosa lingua. D...