martes, 10 de mayo de 2022

O COLEXIO CELEBRA AS NOSAS LETRAS

 Ola a todas e todos, esta semana estamos de festa preparándonos para o gran DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Como non podería ser menos o noso cole engalánase para que non pase desapercibida esta gran data.

Deixámosvos unha mostra de como está quedando o noso traballo.


Estade atentas e atentos ao noso blog que haberá máis sorpresas.







jueves, 7 de abril de 2022

Traballando con Laxeiro

Na última entrada falabamos do día das Artes Galegas e que este ano está dedicado ao gran Laxeiro. Pois as nenas e nenos de 4ºA fixeron a súa homenaxe particular traballando esta figura e a súa obra.

Mirade os resultados dos nosos artistas.








NORABOA, UN GRAN TRABALLO!😊😊😊






 

domingo, 3 de abril de 2022

Coñecemos a Laxeiro. Día das Artes Galegas 2022

Día das Artes Galegas é unha celebración instituída pola Real Academia Galega de Belas Artes o 31 de xaneiro de 2015. Conmemórase cada 1 de abril.

Xosé Otero Abeledo, alcuñado como Laxeiro, nado en Donramiro (Lalín) o 23 de febreiro de 1908 e finado en Vigo o 21 de xullo de 1996, foi un pintor galego, un dos máis representativos que ten dado Galicia en todos os tempos



Deixámosvos unhas divertidas actividades para que coñezades mellor a figura de Laxeiro.


Actividades interactivas, en formato genial.ly, cun texto de Neira Vilas sobre Laxeiro

 https://view.genial.ly/610af386ed054b0dcc7f799e




 Actividades interactivas, en formato genial.ly, cun rosco sobre a biografía e obra de Laxeiro


https://view.genial.ly/61ddbced6551100dd2e69bab






martes, 8 de marzo de 2022

8 DE MARZO

 Ola a todas e todos. Hoxe celebramos o Día da Muller, 8 de marzo.

No cole este ano decidimos render homenaxe ás mulleres da nosa vida, a esas mulleres que fixeron que nós estivésemos aqui, non só porque nos deron a vida senón tamén se encargaron de facer que a nosa vida saíse adiante falamos das heroínas da familia as nosas BISAVOAS E AVOAS.

Pedimos fotos e estamos gratamente agradecidos da gran acollida que tivo a nosa proposta, estamos felices de toda a participación quedan uns detalles por aquí e acolá pero queremos que vexades como queda a entrada do cole.

Grazas a todas e todos por participar neste fermoso proxecto.




















martes, 22 de febrero de 2022

23 de febreiro: Rosalía no noso cole.

 Mañá celébrase un día especial nas Letras Galegas: o da nosa poetísa máis recoñecida Rosalía de Castro.

No cole fixemos actividades para este acontecemento, ademais de colocar o gran colaxe co seu retrato, elaboráronse flores para poñer ao lado.

Sabedes que floress son? Si, son PENSAMENTOS!! que eran as súas flores favoritas, e lembrar así que os seus pensamentos poéticos estiveron moi adiantados á súa época de aí a súa relevancia. Aquí vos deixamos unha mostra de como quedou o traballo.













miércoles, 16 de febrero de 2022

O día de Rosalía

 Un ano máis chega febreiro, mes curto en días pero moi especial para todos os galegos e galegas, chega o día de Rosalía, a nosa poetisa máis recoñecida ( aínda que este ano as Tanxugueiras están dándolle duro con iso dos recoñecementos)

No cole imos a celebralo como se merece pero para abrir boca imos deixar o enlace dun genially para que coñezades un pouco mellor a vida de Rosalía.

Atrevédesvos a participar?


https://view.genial.ly/5ff75e8bc217200ce77cc6d5







miércoles, 2 de febrero de 2022

2 de febreiro día da Candeloria

 2 de febreiro, día da Candeloria

O Día das Candeas ou Día da Candeloria celébrase no 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar.
A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral.
O Día da Candeloria ten orixe nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza, que como a noite de San Xoán, a Semana Santa, o Nadal e moitos outros, acabou por ser cri seustianizado. Neste caso tratábase do ritual do lume, coas súas virtudes apotropaicas (de afastamento de desgrazas, protectoras).




Visto en redes. Fonte texto e foto Orgullo Galego

Pois falando de aves imos deixar un pequeno reto en forma de xogo para ver cantos nomes de aves coñecedes.
Ánimo e sorte

Rosco de Aves
















Letras Galegas. A nosa festa.

  Este ano o Día das Letras foi sábado, mais nós non podemos deixar de celebrar como se merece o noso día grande, o venres fixemos festa. Ti...