Galicia está de loito!
miércoles, 17 de noviembre de 2021
Darío Xohan Cabana
jueves, 11 de noviembre de 2021
Magosto
Mañá celébraremos no noso cole unha das festas máis tradicionais de Galicia, o magosto. Comeremos castañas, e despois haberá sorpresas varias para todo o alumnado e profesorado esperemos que vos guste.
No cole estívose traballando esta data con diferentes actividades deixamos aquí unha mostra do que se puido facer nas diferentes aulas.
https://es.calameo.com/read/006704766051cd5f526ea
A data do magosto está moi relacionada co San Martiño, fixádevos que ditos tan atinados relacionados con esta conmemoración.
visto en redes.
Maña celebrarase por todo o alto.
jueves, 21 de octubre de 2021
Samaín
Ola a todas e todos, chega o Samaín e nós dende EDLG queremos difundir as nosas tradicións por iso imos dar un pouco de información sobre este festexo que se nos achega.
En Galicia temos moitos termos para denominar esta data como poden ser Noite dos Calacús, Noite dos Mortos, Noite Meiga, Noite das ánimas...Para saber máis imos deixar un xogo no que terás máis información.
Atréveste a participar?
https://view.genial.ly/61575c7175267b0e312bca8e
martes, 22 de junio de 2021
Remata o curso.
Dende EDLG queremos desexar a toda a comunidade educativa un feliz verán. Remata un curso moi complicado polas razóns que todas e todos coñecemos pero no que nunca faltou a ilusión e o traballo.
Damos a toda a comunidade educativa os parabéns para lograr sacas adiante todo o curso. Onte e hoxe as nosas nenas e nenos gozaron de actividades de fin de curso cun baile final de todo o colexio, mantendo a aula burbulla pasamos un tempo xuntos pero separados, colectivamente como nos gusta facer as cousas no noso cole.
Agora toca repoñer forzas para voltar con ganas en setembro.
martes, 8 de junio de 2021
As nosas aves. Novo xogo para coñecer vocabulario.
Imos voando a coñecer o nome dalgunhas das nosas aves. Aprender cousas en galego mola un montón!!!!
https://view.genial.ly/60b4992e7b503a0d4a27c09c
Que sabes de....Peixes e mariscos?
Deixamos unha nova entrada na que podedes comprobar o que sabedes sobre peixes e mariscos. Moitos participastes neste rosco así que...atreveste a xogar???
PEIXES E MARISCOS
https://view.genial.ly/60ab5c2e19507c0d2d7cdf6e
domingo, 30 de mayo de 2021
Animais e froitas.
Hoxe deixámosvos dous xogos para que coñezades vocabulario de animais e froitas. Animádesvos a xogar?
https://view.genial.ly/6093abf16572a70d9934b0c8
Letras Galegas. A nosa festa.
Este ano o Día das Letras foi sábado, mais nós non podemos deixar de celebrar como se merece o noso día grande, o venres fixemos festa. Ti...

-
Este ano o Día das Letras foi sábado, mais nós non podemos deixar de celebrar como se merece o noso día grande, o venres fixemos festa. Ti...
-
Este ano, contamos con numerosas actividades para a celebración das Letras Galegas: A inauguración da semana das nosas letras veu da man d...
-
Estimada Rosalía: Hoxe que celebramos o teu día queremos escribir o noso sentimento, o noso respecto e a nosa admiración pola gran poeta qu...