sábado, 9 de marzo de 2024

Todos os días son 8 de marzo

 Todas as datas teñen unha razón para lembrar. A historia e o recoñecemento fan que unhas vaian por riba das outras mais as reivindicacións do Día Internacional da Muller non pode, nin debe centrarse nun só día, é preciso traballar para que o resto dos 364 días sexan tamén días de respecto e valoración.

Con esta premisa  traballamos cada día no noso centro. As actividades deste ano estiveron centradas no recoñecemento das mulleres anónimas que foron referentes, sen sabelo, da fortaleza das mulleres de hoxe.

No post anterior xa falabamos do fío condutor de Ruth Maltilda Anderson como vínculo e coa idea de mulleres precursoras. Así alumnado de Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria puideron gozar dunha actividade deseñada e execucada pola nosa compañeira Laura Rey, que se caracterizou, de xeito marabilloso da propia Ruth Matilda para transportar ao nenos e nenas a que valoren o traballo das mulleres de hai máis dun século. Coa axuda de Rosa fixeron retratos ao alumnado coa carecterización e os obxectos que lembraban oficios e faenas que agora xa non existen ou se realizan doutro xeito.

Mil grazas Laura polo teu bo facer, es unha MARABILLA e grazas ta,mén a Rosa pola imprescindible colaboración. 



Por outra banda alumnado de 2º e 3º ciclo visionaron o documental " A viaxe de Ruth" que se ambienta na época da súa viaxe e as dificultades do traballos feminino dende sempre. Retratando os obstáculos que as mulleres debían superar a diario.

Foi unha semana de recoñecemento que pretendemos sexa un pequeno pasiño máis para valorar a cada quen como se merece.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Magosto

Que ben empezamos a semana!  Hoxe no cole celebrouse o noso magosto. Xa dende primeira hora, e cos nosos amigos do ganchete, algúns coñecido...