A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro Cantares Gallegos, un 17 de Maio de 1863 e deste xeito homenaxear aos nosos escritores e escritoras cada ano, sendo a primeira en ser homenaxeada a propia Rosalía de Castro, a quen seguirían en anos posteriores grandes figuras das nosas letras.
Este ano o autor homenaxeado, como xa indicamos nunha entrada anterior, é Antonio Fraguas Fraguas, gran impulsor das nosas costumes e ditos que recolle na súa ampla bibliografía.
Dende o EDLG quixemos salientar esta faceta do autor e enlazala co proxecto do colexio, así no día de onte todo o alumnado do centro fixo unha actividade conxunta na que se realizaron viraventos con lapis e e papel ao que cada neno ou nena engade un dito, un refrán ou unha expresión en galego.
Agradecemos ás familias a aportación e recompilación dos ditos e ao Equipo de Bilioteca por compartir o traballo e a idea dos traballos conxuntos ( sempre do ganchete) como xeito de dinamizar as actividades do centro.
Así fixemos "viraventos do ganchete" que adornan os corredores e do que deixamos unha mostra a continuación
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.