Ola a todas e todos, sen dúbida hoxe é un día grande, celebramos dous eventos importantes, o DÍA DA ÁRBORE E O DÍA MUNDIAL DA POESÍA, non queriamos deixar pasar esta data sen facer referencia a estes eventos.
Día da árbore
O día da árbore ou festa da árbore é un recordatoio da importancia de protexer as superficies arbóreas e os nosos bosques. Ás árbores, entre outros moitos beneficios, transportan o dióxido de carbono, responsable do efecto invernadoiro, en biomasa, minimizan os riscos de inundacións e evitan a erosión entre outras moitas funcións.
Como xa sabedes, e do que teredes noticias, a semana pasada no noso colexio plantamos dúas novas árbores, unha maceira e un loureiro. Ademais cada curso traballou, e moito, nunha especie arbórea e fixerono protagonista dun relato. Xa iremos dando noticias sobre estes traballos.
Para o equipo de EDLG é fundamental a concienciación medioambiental e contribuír a preservar as nosas árbores como parte do futuro da nosa Terra.
Unimos hoxe dous acontecementos vitais a natureza e a poesía, as palabras e o natural, o mundo do físico e o espiritual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.