Hoxe estamos de festa, de festa grande, de celebración por todo o alto!!!!
Cada ano o 17 de maio celebramos o Día grande das nosas letras, cada ano a RAG propón un autor ou autora á que se lle dedica este día tan especial. Como xa sabedes est ano é Xela Arias Castaño, poetisa, tradutora, profesora, nai...unha persoa comprometida co galego dende pequena. No cole fixemos actividades para coñecer a esta muller tan especial. En post anteriores deixamos enlaces para que, quen queira poida afondar máis na súa vida e na súa obra.
Mais este ano comezamos un traballo especial para que as Nosas Letras e os nosos escritores e escritoras estean presentes todos os días do ano.
Dende EDLG creamos un espazo no colexio ao que imos chamar Praza Letras Galegas, falta moito por traballar pero xa está en marcha e aquí vos deixamos algunhas probas gráficas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.