Dende EDLG estamos moi felices de todo o traballo realizado nesta semana na que nos adicamos a potenciar a nosa lingua.
Traballamos moitas e diversas actividades, entre elas as do www.seminariogalan.org coas súas actividades interactivas e de papel. Unha das que máis triunfou foi o libro das lapelas.
Mais a nosa maior satisfacción este ano foi o noso traballo das poesías, apoiando ao comercio de proximidade e interactuando coa veciñanza. Moitos deles mostraron o seu agradecemento nas súas redes sociais o que é para nós un motivo de ledicia.
Para rematar deixamos parte do noso traballo neste pequeno vídeo para que vexades que o traballo para a nosa lingua dá moitas alegrías.
Grazas a todos e todas por esta experiencia, nós seguiremos traballando para que a nosa Lingua, Cultura e tradicións non se queden no esquecemento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.