Por que mestras do Ramón de la Sagra comen mazás vermellas?
viernes, 28 de abril de 2023
Misterios misteriosos
martes, 25 de abril de 2023
Unha visita moi emotiva
A pasada semana as nenas e nenos de 3º de Primaria fixeron unha saída moi especial. Encamiñaron os seus pasos ata a Residencia de Maiores Concepción Arenal.
Alí agardaban por eles os residentes que recibiron así a visita dos nenos e nenas que sempre é un motivo de ledicia.
O alumnado levou uns xogos feitos por eles para compartir momentos de lecer cos anciáns e en correspondencia afrecéuselles uns deliciosos manxares.
Iniciativas así fan que xeracións tan distantes no tempo cronolóxico resulten moi enriquecedores para ambas partes, valorando as diferentes experiencias e facendo conscientes aos nenos e nenas de realidades que lles son descoñecidas na súa maioría.
domingo, 23 de abril de 2023
Cantamos coas mans.
O noso alumnado de 3º participa no concurso da "Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia" FAXPG. " Cantamos coas mans"
A canción que escolleron foi "Nais e avoas" de Pauliña, quen fai unha colaboración ao principio do video.
Xa sabedes o que hai que facer. A VOTAR POLAS NOSAS ARTISTAS E OS NOSOS ARTISTAS!
Deixamos o enlace para que poidades facelo. So con entrar na páxina xa tedes os pasos para votar polo noso cole.
Animádevos!
.https://www.faxpg.es/cantamos-con-las-manos-es.html
E aquí está o enlace da canción.
https://www.youtube.com/watch?v=JafGI3WiLW4
Grazas Rosa por todo este traballo.
jueves, 20 de abril de 2023
Que se está cociñando para o día das Letras????
Achégase o mes de maio, o mes das nosas Letras!!!
Dende EDLG estamos preparando unha sorpresa para compartir coa veciñanza da contorna.
Deixamos unhas pistas....
miércoles, 19 de abril de 2023
Artistas de 5ºEI
Esta semana o alumnado de 4º EI foron os encargados de deixarnos a súa pegada nos nosos encerados comunicativos.
Chegou a primavera e quixeron compartilo con todos nós.
Grazas por este marabilloso traballo.
23 de febreiro. Carta a Rosalía
Estimada Rosalía: Hoxe que celebramos o teu día queremos escribir o noso sentimento, o noso respecto e a nosa admiración pola gran poeta qu...

-
Efectivamente, estamos xa mergullados no mes grande das Nosas Letras. Chega o 17 de maio e o cole está preparado para achegar a toda a co...
-
Como ben sabedes estes últimos anos quixemos compartir coa veciñanza o noso Día das Letras Galegas. Levamos uns anos que coa axuda dos com...
-
No galego temos palabras doces como o mel, suaves como as plumas de paxaro e fermosas como os días solleiros de primavera. Falar, escríbir,...