martes, 25 de abril de 2023

Unha visita moi emotiva

 A pasada semana as nenas e nenos de 3º de Primaria fixeron unha saída moi especial. Encamiñaron os seus pasos ata a Residencia de Maiores Concepción Arenal.

Alí agardaban por eles os residentes que recibiron así a visita dos nenos e nenas que sempre é un motivo de ledicia.

O alumnado levou uns xogos feitos por eles para compartir momentos de lecer cos anciáns e en correspondencia afrecéuselles uns deliciosos manxares.

Iniciativas así fan que xeracións tan distantes no tempo cronolóxico resulten moi  enriquecedores para ambas partes, valorando as diferentes experiencias e facendo conscientes aos nenos e nenas de realidades que lles son descoñecidas na súa maioría.
























No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Rematou 2025. Benvido o novo ano.

 Estamos en tempo de transición. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega quere desexar desde este foro un feliz ano a todos e todas. Un an...