jueves, 9 de marzo de 2023

8 de marzo. Día da muller.

 Onte conmemoramos o Día internacional da muller. No noso cole quixemos, un ano máis, achegar ao noso alumnado ás mulleres máis próximas, poñendo en valor o traballo que fan a diario.

Co lema "Miña (nai, curmá, tía, amiga, avoa...) é/foi..." cada nena e neno recoñeceron por escrito as diferentes profesións a que se dedican as mulleres máis próximas.

O resultado, como sempre, foi espectacular!!!

GRAZAS A TODAS E TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN!!! Un ano máis fixestes que este día fose moi especial.

Deixamos unha mostra do traballo exposto na entrada do colexio con todos os escritos tan fermosos.










Queremos agradecer de xeito destacado o traballo das alumnas de 4º A que no seu tempo de lecer fixeron os carteis tan fermosos deste día.





E xa para rematar resaltar o traballo de 3ºA que nos agasallou cuns preciosos broches. Grazas.









viernes, 3 de marzo de 2023

Semana de Rosalía.

 

Hoxe rematamos a semanda que dedicamos no cole á nosa gran poeta Rosalía, que tanto fixo pola nosa lingua e que tanto defendeu a este pobo.

Todos os días na hora lectora alumnado de todos os cursos leron poemas de Rosalía a través da megafonía do cole. O luns comezaron os de 6º e día a día foron baixando todos os cursos. Hoxe rematamos co recitado de "Adeus ríos , adeus fontes" que leron e cantaron os nenos e nenas de EI para deleite de todo o cole. Rematando coa interpretación de Rosalía pequeniña que nos acompañou esta semana ás entradas e saídas.

Queremos dende EDLG agradecer o compromiso e colaboración de todo o profesorado, persoal non docente e familias que adicaron tempo para que as lecturas foran adiante ensaiando na súa casa.

Deixamos fotos dos nosos encerados comunicativos e da actuación dos compañeiros de EI que todos non caben neste post.

SODES MOI GRANDES!!!!










sábado, 25 de febrero de 2023

Rosalía pequeniña

 Hoxe imos deixar as fotos do alumnado de 6º EI que colleron a canción de Uxía "Rosalía pequeniña" e traballando nos nosos encerados comunicativos deixaron así de bonita a súa colaboración.

Grazas grandes poetas por contribuír a celebrar o día de Rosalía.







Para quen non a coñece aquí vos deixamos o enlace de tan fermosa canción.  E semana que vén escoitarémola no noso cole, XUNTO CON OUTRAS SORPRESAS!!

!









jueves, 23 de febrero de 2023

Rosalía

 




Hoxe estamos de noraboa, en Galicia celebramos o Día de Rosalía. Pouco que dicir da nosa poeta, da súa defensa de Galicia e dos seus escritos na nosa lingua.

Por se queredes saber máis deixámosvos uns genial.ly para que poidades descubrir todo o que sabedes.

Grazas profe Carina por este traballo.


https://view.genial.ly/621557f66820ac0012263443/interactive-image-rosali-30


https://view.genial.ly/5e8603e488cf590db3276b7c/game-rosalia-de-castro



Tamén o cole empeza a engalanarse para que esta data non pase desapercibida.






ESTADE ATENTOS PORQUE A PRÓXIMA SEMANA HABERÁ MÁIS SORPRESAS!!!!








martes, 14 de febrero de 2023

Xogamos?


A ver cantas respostas atinas neste rosco sobre o Entroido en Galicia. Grazas ao colexio Emilia Pardo Bazán por compartilo con nós e tantas e tantas colaboracións.

Prepárate para o reto das preguntas. Espero que vos entreteña, vos guste e sobre todo que aprendades moitas cousiñas que manteñen viva a nosa cultura.

SORTE!!!


 https://view.genial.ly/63e40a75eceeb000188efbcd




viernes, 10 de febrero de 2023

Entroido

 Ola de  novo!

Como pasa o tempo! Día a día xa pasou  o xaneriro xeadeiro e chegamos ao mes do Entroido.

En febreiro e para escorrentar o frío temos unha das festas máis populares de toda Galicia. Moitas son as zonas onde ferve o ambiente carnavaleiro. O que se vai esquecendo é que o Entroido, Antroido ou carnaval comeza moito antes dos días máis sinalados ou coñecidos.

Este ano nos nosos encerados comunicativos puxemos nome a cada un dos días de celebración para que vexades que non se limita a unha festa de poucos días. Mirade ben e se queredes investigade que se ten que facer en cada unha das datas.


 








E por suposto os corredores vanse decorando aos poucos.
Se todas as festas son para gozar no entroido...A RACHAR!!!








miércoles, 1 de febrero de 2023

Día da paz e outras cousas bonitas

 Se a semana pasada vos desixabamos a información sobre a nosa publicación de Manuel Murguía que diferentes clases están traballando nas súas aulas, hoxe imos deixar constancia de cousiñas que se fan no cole paseniño a paseniño,

Os nenos e nenas de primeiro traballaron moito nos nosos encerados. Aos poucos chega a información todas as semanas á entrada do noso colexio. Mirade que fermosuras nos deixaron escritas e ilustradas.








O luns, como sabedes celebramos o día da paz, que ben o pasamos cos nosos amigos e as nosas amigas do ganchete, vimos películas, falamos, fixemos pulseiras e para rematar cantamos todos xuntos.
Deixamos alguns dos mellores momentos e tamén da decoración que se fixo no colexio-







Estade atentos que pronto comezamos o próximo evento.







Letras Galegas. A nosa festa.

  Este ano o Día das Letras foi sábado, mais nós non podemos deixar de celebrar como se merece o noso día grande, o venres fixemos festa. Ti...