O 23 de febreiro é unha das datas máis importantes para a nosa lingua.
Como cada ano no cole celebramos esta data de xeito tan especial como se merece.
Aquí deixamos unha pequena mostra.
O 23 de febreiro é unha das datas máis importantes para a nosa lingua.
Como cada ano no cole celebramos esta data de xeito tan especial como se merece.
Aquí deixamos unha pequena mostra.
Está rematando o ano e quixemos deixar claro que a sabedoría poupular é marabillosa.
En novembro os ditos e refáns galegos escribíronse coas nosas mans.
Ola de novo, deixamos hoxe unha nova entrada para que vexades o que pasa polo noso cole.
A semana pasada celebramos o magosto. Unha das nosas tradicións máis fermosas.
Xuntos, do ganchete, decoramos as nosas caixas para facer un magosto responsable e limpo.
Dixamos un video para que vexades un pequeno
resumo do que fixemos.
Onte o cole volveu ser un día "terroríficamente divertido" celebramos o noso Samaín. Houbo música de medo, e a estantiga volveu recorrer os corredores do colexio.
Aquí tedes máis información sobre esta tradición.
https://portaldaspalabras.gal/lexico/mira-que-din/estantiga/
Coma sempre deixámosvos reportaxe gráfica dalgunhas decoracións do colexio no seguinte vídeo
Ola de novo.
Aínda que estamos de ponte non queremos deixar de compartir con vós a chegada do outono. Tempo de castañas, aínda que este ano parece que o tempo non acompaña para degustar tan delicioso manxar.
Xa choverá, Xa!
Mirade que marabillas se poden ver polo cole para celebrar a chegada de outubro.
Sabemos que estamos na era dixital. Mais nós dende Edlg queremos que non se perda a esencia da comunicación tradicional, que o alumnado fale, escriba e se comunique sen ter que usar ningunha máquina.
Por todo iso queremos seguir cos nosos encerados comunicativos e este curso imos darlle unha nova misión as nenas e nenos do cole.
Cada mes haberá un eixo que nos indique sobre que temos que escribir. Irémolo poñendo nas grellas da entrada e durante ese mes todas e todos aqueles que queiran poden traer escrito en galego algo relacionado con ese "mandado"
Xa o temos todo preparado. Agora só falta que nos animemos como nos di D. Francisco, o autor das Letras Galegas 2023.
Este ano o Día das Letras foi sábado, mais nós non podemos deixar de celebrar como se merece o noso día grande, o venres fixemos festa. Ti...