lunes, 5 de enero de 2026

Rematou 2025. Benvido o novo ano.

 Estamos en tempo de transición. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega quere desexar desde este foro un feliz ano a todos e todas. Un ano que ansiamos que a nosa lingua e cultura acade o sitio que merece.

No primeiro trimestre deste curso traballáronse moitas cousas, as nosas festas foron eixo principal.

Deixamos aquí unha pequena mostra.


Samaín




magosto





nadal agasallos ás residencias







recomendacións lectoras colaborando co equipo de biblioteca.








Feliz 2026! Emprenderemos novos retos para manter viva a nosa lingua.









domingo, 18 de mayo de 2025

Letras Galegas. A nosa festa.

 Este ano o Día das Letras foi sábado, mais nós non podemos deixar de celebrar como se merece o noso día grande, o venres fixemos festa.

Tivemos unha actuación especial, cunhas cantareiras marabillosas que nos amenizaron a entrada ao cole. 

Grazas, estamos orgullosas das nosas ex-alumnas.








Os días pasan pero o noso compromiso co idioma, coa nosa lingua, coas nosas tradicións deben seguir todo o ano.
 Non esquezamos nunca que unha lingua é parte fundamental da identidade dun pobo, unha lingua é viva mentres nós a empreguemos con orgullo e con dignidade.

Visto en redes.


Somos un pobo coa nosa historia, as nosas tradicións e a nosa lingua.
 
FALADE GALEGO!!














jueves, 15 de mayo de 2025

Semana das Letras

  Esta é a semana das nosas LETRAS, aínda que nós seguimos dicindo que todos os días son marabillosos para empregar a nosa fermosa lingua.

Dende EDLG, traballamos todo o curso para difundir o noso, mais esta semana, que levamos preparando dende hai moito tempo é especial.

O traballo vaise vendo e toda persoa que pase polo centro verá en moitos recunchos información sobre o noso día especial.

Este ano as cantareiras e a tradición oral, que tanto fixeron por transmitir e difundir a nosa cultura, son as homenaxeadas.

Como todos os cursos haberá sorpresas pero imos deixando un anaco do noso traballo para que o alumnado e toda a comunidade educativa poida gozar e descubrir cousas interesantes.


 







 




 


Despois de todo o traballo feito hoxe tocou levar os agasallos aos comercios da contorna para que poidan, un ano máis, agasallar á súa clientela.



Grazas a todos os nenos e nenas que participaron neste proxecto e en especial ao grupo de 3ºA que foi o encargado de levar eses paquetes, tan especiais, hoxe polos comercios da contorna.

Seguimos coa nosa semana, aínda hai máis sorpresas.












 

 

 

 

 

 








 


 






domingo, 23 de febrero de 2025

23 de febreiro. Carta a Rosalía

 Estimada Rosalía:

Hoxe que celebramos o teu día queremos escribir o noso sentimento, o noso respecto e a nosa admiración pola gran poeta que fuches e polo gran labor que a túa obra trae para facer da nosa lingua, a túa lingua, unha lingua viva e querida.

Son tempos díficiles para o idioma galego, son tempos de loita para non perder o que representa a nosa identidade. A lingua leva implícito a trasmisión de cultura, de tradicións e de conservación do que nos precede. Por iso, querida Rosalía, botamos en falta máis mulleres que, coma ti, fagan do noso un orgullo e un recoñecemento a toda a nosa Terra.

Temos un longo camiño por andar pero ten por seguro que non imos desistir.


As institucións réndenche homenaxes, no ano onde a trasmisión oral, a do pobo, é recoñecida.

Nós decoramos portas co teu nome



Poñemos fotos nas nosas cortizas.

Facemos actividades para que todas e todos te coñezan.


E enchemos de flores o teu retrato

Nesta época, ti avanzada como ninguha, usarías a internet para que o noso se coñecese como é merecido. Hai unha esperanza en páxinas que levan  adiante o teu legado e te lembran, como nós, como a referente da cultura galega.

            Fonte Orgullo galego , sacado da internet.

Aínda así queremos agradecerche, benquerida Rosalía, todo o que por Galicia fixeches e todo o que polo noso loitaches.

Non te esquecemos e faremos que o día de Rosalía dure 365 días cada ano.
















lunes, 11 de noviembre de 2024

Magosto

Que ben empezamos a semana!

 Hoxe no cole celebrouse o noso magosto.

Xa dende primeira hora, e cos nosos amigos do ganchete, algúns coñecidos de anos anteriores e outros coñecendo aos que serán os seus amigos a partir de hoxe para diferentes actividades, comezaron a decorar as súas caixas do magosto.






Días antes xa moitas clases decoraron e prepararon a festa para coñecer un pouco máis esta tradición. Así de fermosa quedou decorada a clase de 3ºA

                                                               Sodes uns artistas!!!



 Barállanse diferentes teorías sobre a orixe etimolóxica do termo galego magosto. As máis populares son as latinas magnus ustus (gran fogo) ou magnum ustum (que destaca o carácter máxico do lume). Antano preparábanse as fogueiras con rachóns de breixo para asar as castañas recollidas no monte.

 Como a nós fáisenos difícil todo este proceso, e sen querer perder esta bonita e antiga festa traemos aos profesionais castañeiros que cada ano nos deleitan co bo produto e nos fan unhas castañas deliciosas.



E a partir daquí a gozar da festa. Hoxe cun día marabilloso e agardando que no próximo ano poidamos gozalo co patio rematado.

As reporteiras gráficas de EDLG deixaron fotos do evento.





Ata o próximo ano!!!!




 








miércoles, 6 de noviembre de 2024

O paleolítico en Galicia.

 Co título "O amencer da humanidade", dende hoxe hai unha nova exposición no noso centro. 

Nela podemos descubrir como foron os primeiros albores da humanidade e meternos de cheo na prehistoria.

Agradecemos á Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) que nos ofrecese esta exposición para que toda a comunidade educativa se achegue a esta información.

Dende EDLG pelexamos día a día para que todo a nosa historia estea presente, empezando dende as orixes da humanidade. 

Agardamos que vos guste.























miércoles, 30 de octubre de 2024

Samaín

 

Ola a todas e todos. 

Por problemas alleos a nós tardamos un pouco en actualizar esta canle. Pero...XA ESTAMOS DE VOLTA!!!


E que mellor volta que a de dar a coñecer o noso samaín.

Cabazas, de todas as formas e decoradas de moitos e fantásticos xeitos apropíaronse do noso cole e do noso patio. Escondidas nos recunchos máis misteriosos buscaron a maneira de estar facendo, un ano máís, do noso Samaín algo inesquecible.

Non podemos poñer todas as fotos pero aí vai unha pequena mostra.


















Rematou 2025. Benvido o novo ano.

 Estamos en tempo de transición. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega quere desexar desde este foro un feliz ano a todos e todas. Un an...