viernes, 26 de marzo de 2021

As nosas árbores etiquetadas

 Boas!

Hoxe visitamos as árbores que plantamos hai unha semana e comprobamos que están fermosísimas, puxémoslle o nome para que se distingan ben. Non deixedes de visitalas á volta.

Boas vacacións, vémons á volta con máis novidades.











domingo, 21 de marzo de 2021

21 de marzo: Día da árbore e Día mundial da Poesía

 Ola a todas e todos, sen dúbida hoxe é un día grande, celebramos dous eventos importantes, o DÍA DA ÁRBORE E O DÍA MUNDIAL DA POESÍA, non queriamos deixar pasar esta data sen facer referencia a estes eventos.

Día da árbore

O día da árbore ou festa da árbore é un recordatoio da importancia de protexer as superficies arbóreas e os nosos bosques. Ás árbores, entre outros moitos beneficios, transportan o dióxido de carbono, responsable do efecto invernadoiro, en biomasa, minimizan os riscos de inundacións e evitan a erosión entre outras moitas funcións.

Como xa sabedes, e do que teredes noticias, a semana pasada no noso colexio plantamos dúas novas árbores, unha maceira e un loureiro. Ademais cada curso traballou, e moito, nunha especie arbórea e fixerono protagonista dun relato. Xa iremos dando noticias sobre estes traballos.

Para o equipo de EDLG é fundamental a concienciación medioambiental e contribuír a preservar as nosas árbores como parte do futuro da nosa Terra. 

Unimos hoxe dous acontecementos vitais a natureza e a poesía, as palabras e o natural, o mundo do físico e o espiritual.

Visto en rede

E falando de poesía non podemos esquecer á nosa poetisa máis recoñecida: Rosalía de Castro. Quen nun dos poemas máis coñecidos seus logrou xuntar árbores e poesía. Esperemos que gocedes del.







A granxa de Monelos. Exposición.

  Como xa sabedes esta semana o noso centro acolle unha exposición moi especial para toda a contorna. A historia, non tan lonxana, dos terre...