lunes, 17 de mayo de 2021

DÍA DE FESTA. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe estamos de festa, de festa grande, de celebración por todo o alto!!!! 

Cada ano o 17 de maio celebramos o Día grande das nosas letras, cada ano a RAG propón un autor ou autora á que se lle dedica este día tan especial. Como xa sabedes est ano é Xela Arias Castaño, poetisa, tradutora, profesora, nai...unha persoa comprometida co galego dende pequena. No cole fixemos actividades para coñecer a esta muller tan especial. En post anteriores deixamos enlaces para que, quen queira poida afondar máis na súa vida e na súa obra.

Mais este ano comezamos un traballo especial para que as Nosas Letras e os nosos escritores e escritoras estean presentes todos os días do ano. 

Dende EDLG creamos un espazo no colexio ao que imos chamar Praza Letras Galegas, falta moito por  traballar pero xa está en marcha e aquí vos deixamos algunhas probas gráficas.




Iremos engadindo máis autores ata que estean todos presentes. Agardamos que vos guste.








miércoles, 12 de mayo de 2021

Letras Galegas no cole

 Como sabedes estamos preto do Día sinalado, no Día das Letras Galegas. Nas escaleiras do cole están postos paneis coa información sobre a súa vida. Así cando vaimos subindo podemos ir coñecendo un pouco máis da vida e obra de Xela Arias Castaño.










lunes, 3 de mayo de 2021

Xela Arias e Manuel María

 Hai uns días puxéronse en contacto con nós dende a Casa Museo de Manuel María, contándonos que cando era pequena Xela Arias, a autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, visitara coa súa familia a casa de Manuel María. Tan só tiña sete anos pero levou un libro de Os soños na gaiola do que fixo unhas fermosas ilustracións que agora compartiron con nós. Mirade o enlace para poder descubrir algo máis de Xela Arias.


                                 visto en rede

Nós fixemos un pequeno traballo de tributo a ambos autores para que poidades gozar de novo da poesía de Manuel María con ilustracións de Xela Arias.

https://www.calameo.com/read/006704766cfe2c6bb121e


Quedamos moi agradecidas e agradecidos pola colaboración e recomendamos a visita para maior información deixamos un enlace á súa páxina.

http://www.casamuseomanuelmaria.gal/portada.htm

Agardamos que vos guste.




domingo, 2 de mayo de 2021

Letras Galegas

 Comeza o mes de maio e con el a data na que celebramos o Día grande das nosas Letras. Aínda que nós pensamos que todos os días son estupendos para o uso da nosa lingua este mes imos celebrar con maior forza o noso idioma, para que sexa unha canle cotiá para a comunicación.

Este ano o Día das Letras Galegas, 17 de maio, dedícase á poetisa Xela Arias Castaño e nós xa empezamos a recoñecer a súa figura poñendo paneis na entrada ao cole.

Iremos compartindo con todos vós todas as actividades que vaiamos facendo no centro. Como "aperitivo" deixamos unha foto de como comezamos o noso traballo.






A granxa de Monelos. Exposición.

  Como xa sabedes esta semana o noso centro acolle unha exposición moi especial para toda a contorna. A historia, non tan lonxana, dos terre...