martes, 27 de abril de 2021

Letras Galegas.

 Achégase o mes de maio que destaca polo fomento máis intenso das nosas letras, Estade atentos a partires da semana que vén pois iremos colgando os nosos traballos para que sexades partícipes das actividades que se vaian facendo no noso cole.

Por se queredes saber algo máis sobre a autora homenaxeada este ano podedes ir buscando información en Seminario Galán, xa que o noso cole colabora de xeito activo na elaboración das distintas actividades.

Esperamos que sexa do voso interese. Deixamos o enlace.

http://seminariogalan.org/




martes, 6 de abril de 2021

Relatos de árbores

 Como ven sabedes o alumnado do cole estivo traballando sobre as árbores e as súas características, cada clase coñeceu unha árbore diferente e como colofón fixeron uns marabillosos contos e poemas coa súa árbore como protagonista.

Hoxe publicouse na web do centro o vídeo feito con eses traballos aquí deixamos o código QR para que tamén teñades a oportunidade de velo con este medio.

Agradecemos a colaboración de toda a comunidade educativa para levar a cabo este traballo. Agardamos que vos guste.









A granxa de Monelos. Exposición.

  Como xa sabedes esta semana o noso centro acolle unha exposición moi especial para toda a contorna. A historia, non tan lonxana, dos terre...