martes, 31 de mayo de 2022

Que frío2! Bufandas para o abrigo

 Ola de novo, seguimos coa nosa aportación ao proxecto deste ano mudamos palabras e refráns para que as nosas nenas e os nosos nenos aprendan un pouco máis de vocabulario e dos nosos ditos.

Agardamos que vos gusten!









Pero esta semana temos unha gran sorpresa o alumnado de  4ºA quixo compartir con nós o traballo que estiveron facendo na clase, algo moi interesante e moi laborioso.    Quedou fantástico, noraboa a todas e todos por estE LABOR.

ESTAS SON ALGUNHAS DAS BUFANDAS OU TAPABOCAS QUE FIXERON

















martes, 24 de mayo de 2022

Que frío!

 Non, non nos estamos referindo a esta tolemía de tempo que estamos tendo estes días nos que un día vai un calor abafante e ao seguinte vai un fresco de coidado. 

QUE FRÍO! é o proxecto que este ano temos no noso cole.

 Dende EDLG queremos facer unha última contribución neste curso, así que decidimos xuntar os nosos ditos, refráns e expresións en galego que nos axuden a entender un pouco o tempo, a coñecer palabras novas e todo o que se nos ocorra falando de FRÍO.

Deixámosvos a primeira aportación de ditos e palabras.






SEGUIREMOS!!!!!!







viernes, 13 de mayo de 2022

Remata unha semana intensa

 Dende EDLG estamos moi felices de todo o traballo realizado nesta semana na que nos adicamos a potenciar a nosa lingua.

Traballamos moitas e diversas actividades, entre elas as do www.seminariogalan.org coas súas actividades interactivas e de papel. Unha das que máis triunfou foi o libro das lapelas.



Mais a nosa maior satisfacción este ano foi o noso traballo das poesías, apoiando ao comercio de proximidade e interactuando coa veciñanza. Moitos deles mostraron o seu agradecemento nas súas redes sociais o que é para nós un motivo de ledicia.






Para rematar deixamos parte do noso traballo neste pequeno vídeo para que vexades que o traballo para a nosa lingua dá moitas alegrías.
Grazas a todos e todas por esta experiencia, nós seguiremos traballando para que a nosa Lingua, Cultura e tradicións non se queden no esquecemento.











jueves, 12 de mayo de 2022

O noso agasallo gusta moito.

 Ola de novo seguimos celebrando as nosas Letras Galegas. Hoxe as nosas pandereiteiras amenizaron as saídas e entradas á hora de lecer. Un pracer escoitalas.





Hoxe tamén rematamos a entrega das nosas cestas poéticas que están tendo unha gran acollida polos comerciantes da nosa contorna.



Os nosos representantes na entrega estiventon fantásticos. Grazas aos colaboradores e colaboradoras de 4ºA. Sodes marabillosos!!!

Xa vimos como quedaban nalgúns locais que os colocaron en primeira liña de atención aos seus clientes.


E xa empezan a dar as grazas nas súas redes sociais. 

Moitas grazas pola vosa implicación, con isto o noso obxectivo está cumprido.









miércoles, 11 de mayo de 2022

Agasallo á veciñanza

 Na entrada de onte anunciabamos sorpresas novas. Neste ano ademáis de celebrar e traballar co autor homenaxeado, Florencio Delgado Gurriarán, dende EDLG quixemos facer algo especial para que toda a contorna vexa o ben que se traballa no noso cole.

Pedimos aos nenos e nenas que copiasen unha poesía dun escritor ou escritora ilustre das Nosas Letras, con el fixemos un rolo, atámolo e colocámolos nunha cesta, envoltos en papel celofán e hoxe repartimos as cestas por comercios do barrio para que quen se achegue a mercar poida levar un agasallo, deste xeito apoiamos aos nosos veciños comerciantes e compartimos a nosa lingua con toda a comunidade da contorna.

Grazas pola colaboración ao alumnado, profesorado e familias, e apertas e forza para os nosos comerciantes de proximidade.






Continuaremos con máis!









martes, 10 de mayo de 2022

O COLEXIO CELEBRA AS NOSAS LETRAS

 Ola a todas e todos, esta semana estamos de festa preparándonos para o gran DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Como non podería ser menos o noso cole engalánase para que non pase desapercibida esta gran data.

Deixámosvos unha mostra de como está quedando o noso traballo.


Estade atentas e atentos ao noso blog que haberá máis sorpresas.







A granxa de Monelos. Exposición.

  Como xa sabedes esta semana o noso centro acolle unha exposición moi especial para toda a contorna. A historia, non tan lonxana, dos terre...