miércoles, 29 de marzo de 2023

Día das artes



O próximo día 1 de abril conmemoramos o día das Artes Galegas. A Real Academia das Artes decidiu que este ano 2023 o autor homenaxeado fose Martín Códax.

Con este motivo e xunto con outros centros elaborouse material para coñecer mellor a súa figura. Mais abaixo deixamos os enlaces para que vexades todo o traballo e o enlace co portal da lingua que ofrece estes recursos para que outros centros poidan traballar este día co seu alumnado.

No cole, xa se están vendo cousas interesantes que se traballanron  estas semanas.








Formato calameo para que poidades ver outras actividades que se poden realizar e coñecer máis a historia de Martín cÓDAX E O DÍA DAS artes.


https://www.calameo.com/read/0067047664fa2dd6e4690 


Xogo formato genial.ly para aprender xogando.

https://view.genial.ly/63f91a69ad18f20012785c62



Enlace ao portal da lingua para ver os recursos en rede. 

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/novidades/_/contido_2025/dia-das-artes-galegas-2023-martin-codax




sábado, 25 de marzo de 2023

A primavera é poesía.

 E como quen non quere a cousa chegou a primavera. Entrou paseniño e con ela celebramos tamén o día da poesía. No cole xa se nota polos corredores que abondan as flores, as cores e as ganas de sol.

Mirade que cousas bonitas podemos ver!!!




Como como non podía ser doutro xeito a poesía tamén tivo o seu momento.

  

"A primavera"

Medrou unha planta.

Medrou  unha amor.

Medraron tres flores

no teu corazón.

Medrou unha folla.

Medrou a calor.

Medraron tres froitos

no teu corazón.

Poema do libro "As catro estacións"

Antonio García Teijeiro.






martes, 21 de marzo de 2023

Día da árbore

 E entrou  a primavera!!

Hoxe 21 de marzo conmemoramos o Día internacional dos bosques e das árbores.

Molière dixo que " As árbores que medran amodo producen mellores froitos"

 Deste xeito o alumnado de 1º está facendo a súa plantación na aula xa que os hábitos que se adquiren dende pequenos fan que poidan perdurar no tempo.

Tamén fixemos un percorrido polas árbores que plantamos hai dous anos e a lavanda que incorporamos a principio deste curso. 

Todo vai moi ben! ollade o video que temos preparado.







martes, 14 de marzo de 2023

Praza das Letras

 Xa hai uns anos que comezamos coa andaina de recoñecer a todos os nosos escritores facéndolles unha praza no primeiro andar do colexio.

Este ano o autor homenaxeado é Francisco Fernández del Riego. Como non pode ser menos xa hai un tempo que o autor está no lugar de honra que se merece. 

Non esquezades que se achega o día grande das nosas Letras e iremos compartindo con vós as diferentes actividades que vaiamos facendo.











jueves, 9 de marzo de 2023

8 de marzo. Día da muller.

 Onte conmemoramos o Día internacional da muller. No noso cole quixemos, un ano máis, achegar ao noso alumnado ás mulleres máis próximas, poñendo en valor o traballo que fan a diario.

Co lema "Miña (nai, curmá, tía, amiga, avoa...) é/foi..." cada nena e neno recoñeceron por escrito as diferentes profesións a que se dedican as mulleres máis próximas.

O resultado, como sempre, foi espectacular!!!

GRAZAS A TODAS E TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN!!! Un ano máis fixestes que este día fose moi especial.

Deixamos unha mostra do traballo exposto na entrada do colexio con todos os escritos tan fermosos.










Queremos agradecer de xeito destacado o traballo das alumnas de 4º A que no seu tempo de lecer fixeron os carteis tan fermosos deste día.





E xa para rematar resaltar o traballo de 3ºA que nos agasallou cuns preciosos broches. Grazas.









viernes, 3 de marzo de 2023

Semana de Rosalía.

 

Hoxe rematamos a semanda que dedicamos no cole á nosa gran poeta Rosalía, que tanto fixo pola nosa lingua e que tanto defendeu a este pobo.

Todos os días na hora lectora alumnado de todos os cursos leron poemas de Rosalía a través da megafonía do cole. O luns comezaron os de 6º e día a día foron baixando todos os cursos. Hoxe rematamos co recitado de "Adeus ríos , adeus fontes" que leron e cantaron os nenos e nenas de EI para deleite de todo o cole. Rematando coa interpretación de Rosalía pequeniña que nos acompañou esta semana ás entradas e saídas.

Queremos dende EDLG agradecer o compromiso e colaboración de todo o profesorado, persoal non docente e familias que adicaron tempo para que as lecturas foran adiante ensaiando na súa casa.

Deixamos fotos dos nosos encerados comunicativos e da actuación dos compañeiros de EI que todos non caben neste post.

SODES MOI GRANDES!!!!










A exposición foi un éxito

  Despois dunha semana de exposición salientamos o éxito desta, con visitas polas tardes e traballo nas aulas.  O alunmnado gozou da informa...