sábado, 10 de septiembre de 2022

Benvidas e benvidos ao novo curso

 Ola, xa estamos aquí de novo. O xoves comezou un novo curso para todos e todas, como todo o novo cheo de esperanzas, inquedanzas e sobre todo moita ilusión. 

Dende EDLG queremos darvos a nosa benvida e animarvos a que sigamos mellorando e aprendendo moitas cousas en galego para que o noso fermoso idioma non se estanque.

Falade galego, pensade en galego, escribide en galego para que a nosa cultura non permaneza no esquecemento.

Ánimo para toda a comunidade educativa e a voar sobre esta nova andaina.








A granxa de Monelos. Exposición.

  Como xa sabedes esta semana o noso centro acolle unha exposición moi especial para toda a contorna. A historia, non tan lonxana, dos terre...