jueves, 26 de enero de 2023

Murguía.

 Ola de novo!

Hoxe deixamos unha entrada no blog sobre unha figura importante das nosas letras, Manuel Murguía.

No cole temos unha exposición sobre a súa vida nas grellas da entrada para que todas e todos aqueles que queiran poidan informarse sobre a vida deste persoeiro tan importante.

Ademais de todo imos deixar un enlace para que poidades dende aquí xogar e aprender algo sobre el.

Conmemóranse os 100 anos do seu pasamento pero moitas das súas ideas seguen vivas no noso presente e nós concordamos coa súa visión de defensa do Galego como algo fundamental para a nosa cultura e ideosincrasia.



 https://view.genial.ly/635ec5a8c119af0019de9365


Manuel Murguí











miércoles, 18 de enero de 2023

Grazas pola felicitación

 Hoxe recibimos unha carta moi especial!!!

Encheunos de felicidade!!!

Estamos moi, moi, moi  ledas e ledos!!!

Lembrades que mandaramos felicitacións de Nadal a residencias de maiores? Claro que o lembrades. Pois hoxe chegounos a resposta da Residencia de maiores Torrente Ballester. A nosa iniciativa gustoulles moito e respontaron cunha preciosidade para todas e todos nós.

Iniciativas como estas fan que a sociedade se vexa máis conexionada, que os nenos e nenas vexan a necesidade de enviar amor e respecto aos nosos maiores. Escoitar as súas experiencias e valorar o seu traballo de tantos anos.

MILLÓNS DE GRAZAS RESIDENTES DE TORRENTE BALLESTER (A CORUÑA) NÓS TAMÉN LEVAMOS XA A VOSA FELICITACIÓN NO NOSO CORAZÓN.













martes, 17 de enero de 2023

Xaneiro refraneiro

 Ola, comezamos o novo ano. Que chegue cargado de felicidade para todas e todos!!!

De momento o que parece é que chegou cheo de frío, vento e chuvia, xa amainará que xa sabedes iso de: NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA!!

Continuamos cos nosos encerados comunicativos, esta semana as nenas e nenos de segundo deixáronnos unhas verdadeiras obras de arte ( díxome Cascarilla, que sempre se entera de todo, que o pasaran xenial!!)

 O mes de xaneiro deixa na cultura galega unha morea de refráns que recollen a sabedoría popular. As nosas artistas e os nosos artistas escolleron estes para traballar. Esperamos que vos guste. Que digo? Vaivos encantar!!













A exposición foi un éxito

  Despois dunha semana de exposición salientamos o éxito desta, con visitas polas tardes e traballo nas aulas.  O alunmnado gozou da informa...