domingo, 24 de marzo de 2024

21 de marzo

 O pasado 21 de marzo celebramos dúas datas importantes. 

O Día Internacional da Poesía e o Día da árbore.  

Dende EDLG propuxemos que á hora da lectura ese día se decicase a ler poesía en galego, temos grandes poetas e temos que valoralos como se debe.

Ademais diso houbo clases que fixeron un traballo extra escribindo e decorando os corredores con poesías que ademais nos lembraban a chegada da primavera. Gran traballo!!
















E como non tamén queremos lembrar a importancia das nosas árbores e a súa función esencial no noso medio. 
Hai xa un tempo fixemos unha colaboración co Ceip Emila Pardo Bazán no que o noso alumno Raúl de 4º A  fixo as ilustracións para a adaptación do conto "L 'albero vanitoso" de Nicoletta Costa que  en galego titulamos como A árbore presumida.  E que no día da árbore lembramos.
Deixamos o enlace en calameo por se queredes botar unha ollada.
















sábado, 9 de marzo de 2024

Todos os días son 8 de marzo

 Todas as datas teñen unha razón para lembrar. A historia e o recoñecemento fan que unhas vaian por riba das outras mais as reivindicacións do Día Internacional da Muller non pode, nin debe centrarse nun só día, é preciso traballar para que o resto dos 364 días sexan tamén días de respecto e valoración.

Con esta premisa  traballamos cada día no noso centro. As actividades deste ano estiveron centradas no recoñecemento das mulleres anónimas que foron referentes, sen sabelo, da fortaleza das mulleres de hoxe.

No post anterior xa falabamos do fío condutor de Ruth Maltilda Anderson como vínculo e coa idea de mulleres precursoras. Así alumnado de Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria puideron gozar dunha actividade deseñada e execucada pola nosa compañeira Laura Rey, que se caracterizou, de xeito marabilloso da propia Ruth Matilda para transportar ao nenos e nenas a que valoren o traballo das mulleres de hai máis dun século. Coa axuda de Rosa fixeron retratos ao alumnado coa carecterización e os obxectos que lembraban oficios e faenas que agora xa non existen ou se realizan doutro xeito.

Mil grazas Laura polo teu bo facer, es unha MARABILLA e grazas ta,mén a Rosa pola imprescindible colaboración. 



Por outra banda alumnado de 2º e 3º ciclo visionaron o documental " A viaxe de Ruth" que se ambienta na época da súa viaxe e as dificultades do traballos feminino dende sempre. Retratando os obstáculos que as mulleres debían superar a diario.

Foi unha semana de recoñecemento que pretendemos sexa un pequeno pasiño máis para valorar a cada quen como se merece.








jueves, 7 de marzo de 2024

As avoas das avoas das nosas avoas

 A importancia da muller na sociedade é algo que hoxe en día ninguén pon en dúbida. Mais o seu labor e bo facer non sempre foi recoñecido.

Mañá 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller e, aínda que só pareza unha data, ten o significado de poñer en valor o esforzo e traballo que día a día as mulleres do mundo levan a cabo.

No Ceip Ramón de la Sagra non imos esquecer un día tan sinalado e queremos recoñecer o legado que as mulleres galegas nos deixan dende hai tanto tempo.

Co título " As avoas das avoas das nosas avoas"e collendo como fío condutor as fotografías de Ruth Matilda Anderson realizadas na súa viaxe, hai máis dun século, por Galicia.vinculamos as mulleres daquela época como precursoras de moitos dos logros que hoxe teñen as mulleres actuais. 

Queda moito por facer; a semente vai xermolando e cada día hai que loitar para conquistar novos retos.

Deixamos o enlace dun pequeno traballo feito por EDLG para que se vexa a relación das nosas precursoras coas herdeiras da súa sabedoría, o seu traballo e a súa valentía.

Todas somos herdeiras de mulleres con forza e valor porque as mulleres galegas sempre traballaron e sempre sacaron adiante grandes proxectos.

Agardamos que vos guste.



8 de marzo 2024






miércoles, 6 de marzo de 2024

Praza das Letras

 Dende hai xa un tempo a nosa Praza das Letras xa ten no seu posto de honra á autora homenaxeada neste ano para o Día das Letras Galegas: Luísa Villalta Gómez.

Presentámosvos a primeira entrada dedicada a esta autora.

Como todos os anos iremos compartindo con todos e todas moita información sobre esta destacada figura das nosas Letras.








A exposición foi un éxito

  Despois dunha semana de exposición salientamos o éxito desta, con visitas polas tardes e traballo nas aulas.  O alunmnado gozou da informa...