jueves, 22 de diciembre de 2022

Boas festas. Feliz aninovo

O noso Nadal cheo de galego e decoración. 


BOAS FESTAS E QUE O NOVO ANO VEÑA CHEO DE BOAS NOVAS PARA TODOS.












 

O colexio solidario

 Como todos os anos alumnado do colexio levou a cabo a recollida solidaria de turrón para entregar á cociña económica. Neste caso os alumnos e alumnas de 3º A foron os encargados de elaborar os agasallos e recoller o turrón. Grazas á nosa compañeira Mará José que sempre se mostra tan solidaria e colaboradora.




Este ano dende EDLG tamén quixemos realizar unha actividade para todo o centro na que nos acordamos dos nosos maiores e facerlle un Nadal máis ledo.
Alumnado do centro escribiu postais  para enviar a residencias da contorna.. Non podemos estar máis agradecidas dende o noso equipo ante a resposta que tivemos pola proposta.  Profesorado e alumnado respostou de xeito xenial para enviar os nosos agarimos.
En EDLG fixemos unha carta para enviar como presentación desexando o mellor para todos.




















sábado, 10 de diciembre de 2022

Chegou o Nadal

 Cantas ganas temos de que cheguen estas datas, os nervos aceléranse pensando en todo o que vai vir.

Nós comezamos o mes deixando os nosos refráns para que a sabedoría popular non se perda.

Aqui van os primeiros!!!










jueves, 8 de diciembre de 2022

Cousas bonitas que nos deixan as nenas e nenos de 3º

 Nesta última quincena foron os nenos e nenas de 3º os que nos deixaron cousas interesantes en galego na entrada do colexio, agardamos que vos fixarades nelas porque fixérono con todo o agarimo do mundo.

Grazas pola colaboración.













A granxa de Monelos. Exposición.

  Como xa sabedes esta semana o noso centro acolle unha exposición moi especial para toda a contorna. A historia, non tan lonxana, dos terre...