martes, 23 de febrero de 2021

Día de Rosalia

 Alumnado de 5º B elaborou un mosaico coa imaxe de Rosalía de Castro que compartimos con vós nun collage para lembrar o día de Rosalía.

Dende EDLG queremos animarvos a que celebredes este día tan especial como parte importante da nosa literatura e cultura.


Queremos, ademáis deixar un dos seus poemas, e a versión de Uxía en canción.
Gozade do día de Rosalía!!!



Cómo chove miudiño

Cómo chove miudiño,
cómo miudiño chove;
cómo chove miudiño
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove.

¡Cómo a triste branca nube
truba o sol que inquieto aluma;
cál a crube i o descrube,
pasa, torna, volve e sube,
enrisada branca pruma!

Xa, dempóis, lonxe espallada
polos aires fuxitivos,
desteñida, sombrisada,
nos espasos desatada,
cae brillando en raios vivos.


Misteriosa regadeira
fino orballo no chan pousa
con feitiña curvadeira,
remollando na ribeira
frol por frol, chousa por chousa.

Semellando leve gasa
que sotil o vento move,
en frotantes ondas pasa
refrescando canto abrasa
o que o sol ardente crobe.

¡Cómo chove miudiño
pols veigas de Campaña!
¡Cál se enxugan de camiño
os herbales de Laíño!
¡Cómo a Ponte en sol se baña!

Para Caldas todo é escuro,
ceo azul lose na Adina,
trasparente, limpo e puro;
na Arretén no monte duro,
nube corre pelegrina.

Triste vai, que á terra toca
xa cos pes de branca neve,
xa ca fina fresca boca;
triste vai, que ós ceos invoca
i a bicar o chan se atreve.

Triste vai cando se abate
vaporosa, soia e muda,
cando maina as alas bate
como un corasón que late
ferido por pena ruda.

Tal maxino a sombra triste
de mi maa, soia vagando
nas esferas onde esiste;
que ir á groria se resiste,
polos que quixo agardando.

Vexo o Souto en parda sombra
envolvendo o seu ramaxe,
que por bon do Rei se nombra,
donde fero o vento asombra,
roxe e estala de coraxe.

I o Palacio, serio e grave,
¡cánto en pura luz se baña!
Tal parés pesada nave
que volver ó mar non sabe,
se encallóu na fresca braña.

Vexo Valga á beira hermosa
dun camiño todo prata,
casta virxe candorosa,
sentadiña en chan de rosa,
vestidiña de escalrata.

A San Lois vexo brillando
bañado por tintas puras,
sol e sombras amostrando,
en reposo contemprando,
montes, auguas e verduras.

I a Padrón, ponliña verde,
fada branca ó pe dun río,
froita en frol da que eu quixerde,
lonxe miro que se perde
baixo un manto de resío.

¡Qué hinchadiña branca vela
antre os millos corre soa,
misteriosa pura estrela!
Dille o vento en torno dela:
"Palomiña, ¡voa!, ¡voa!"

Faille arrolo a branda ría
cun remanso mormuxante,
que nás da arboleda umbría
baixo un toldo de alegría,
ó calor dun sol amante.

¡Sol de Italia, sol de amore...!
¿Ti paisax mellor alumas?
¿Ti máis rosas, máis verdore,
mellor ceu, máis soave core
ves do golfo antre as espumas?

Sol de Italia, eu non sospiro
por sentirte ardente raio,
que outro sol temprado miro;
dosemente aquí respiro
nun perene, enterno maio.

Nesta terra tal encanto
se respira... Triste ou probe,
rico ou farto de querbanto,
¡se encariña nela tanto
quen baixo o seu ceu se crobe...!

Os que son nela nacidos,
os que son dela mimados,
lonxe dela están doridos
porque van de amor feridos
por quen fono amamantados.

Polos fillos a nai tira,
xorda, triste, plañideira,
xeme, chora e máis sospira,
e non para hastra que os mira
ben chegar por derradeira.

¡Probe nai, cánto te quero!
¡Nai tamén -ai- da nai miña!
O teu chan de amor prefiero
a canto hai grande ou severo
en toda a terra xuntiña.

¿Cómo non si ora estou vendo,
nun paisax de prata e rosas,
canto a vida foi querendo,
cos meus ollos remexendo
memoriñas cariñosas?

¡Bosques, casa, sepulturas,
campanarios e campanas
con sons vagos de dosuras
que despertan -ai- ternuras
que en jamáis podrán ser vanas!

Elas fono as que tocaron
cando os meus alí naceron;
elas fono as que chorarron,
elas fono as que dobraron
cando os meus abós morreron.

Elas fono as que alegriñas
me chamaban mainamente
nas douradas mañanciñas,
de mi maa cas cantiguiñas
i os biquiños xuntamente.

Inda vexo onde xogaba
cas meniñas que eu quería,
o enxidiño onde folgaba,
os rosales que coidaba
i a fontiña onde bebía.

Vexo a rúa solitaria
que en paz baña un sol sereno,
sin que a trube man contraria,
igual sempre, nunca varia,
veiga llana en campo ameno.

E tamén vexo enloitada
da Arretén a casa nobre,
donde a miña nai foi nada,
cal viudiña abandonada
que cai triste ó pe dun robre.

Alí está, sombra perdida,
vos sin son, corpo sin alma,
amazona mal ferida
que ó sentir que perde a vida
se adormece en xorda calma.

Casa Grande lle chamaban
noutro tempo venturoso,
cando os probes a improraban
e fartiños se quentaban
ó seu lume cariñoso.

Casa Grande, cando un santo
venerable cabaleiro(1),
con tranquilo, nobre encanto,
baixo os priegues do seu manto
cobexaba ó perdioseiro.

Cando os cantos na capilla
da Gran casa resoaban
con fervor e fe sensilla,
rico fruto da semilla
que os varóns santos sembraban.

Ora todo silencioso
causa alí medo pavura,
mora esprito temeroso
nos salóns onde o reposo
fixo un niño ca tristura.

Risas, cantos, armonía,
brandas músicas, contento,
festas, dansas, alegría,
se trocóu na triste e fría,
xorda vos do forte vento.

No gran patio as herbas crecen
vigorosas sin coidado,
i as silveiras que frorecen
no seu tempo fruto ofrecen
ós meniños sazonado.

I antre aquel silencio mudo
que a trubar naide alí chega,
antre aquel ¡xa fun! tan rudo,
vese inteiro un nobre escudo
que a desir non son se nega.

Craros tibres mostras ufano
cun soberbo casco airoso...
Mais detrás dun son tan vano
vese o probe orgullo humano
homillado e polvoroso.

Tras da calada visera,
que hai uns ollos feridores
que nos miran, se dixera;
que nos din: todo é quimera
neste mundo de dolores.

¡Casa grande, triste casa,
quen de aquí tan soia miro,
parda, escura, triste masa!
¡Casa grande, pasa, pasa...!
¡Ti xa n'es más que un sospiro!

Meus abós, ¡ai!, xa morreron,
os demáis te abandonaron,
os teus lustros pereceron,
i os que millor te quixeron,
tamén de ti se apartaron.

Mes tras mes, pedra tras pedra,
ti te irás desmoronando,
ceñida por sintas de hedra,
mentras que outra forte medra,
que aí o mundo vai rolando.

..........................................
..........................................
..........................................

¡Mais qué lus, qué colorido
nos espasos se dilata!
Luce o sol descolorido
i arco de iris xa nacido,
longa sinta se desata.

Cómo chove miudiño,
cómo miudiño chove;
cómo chove miudiño
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove.


domingo, 21 de febrero de 2021

21 de febreiro día da lingua materna.

     Día Internacional da Lingua Materna celébrase anualmente o 21 de febreiro para promover a consciencia sobre a diversidade lingüística e cultural e sobre o plurilingüismo do planeta. Foi establecido pola UNESCO o 17 de novembro de 1999. A súa celebración tamén foi recoñecida formalmente pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na resolución que establecía 2008 como Ano Internacional das Linguas.[1]

    En Galicia temos a gran fortuna de ter unha lingua propia, desde EDLG non podiamos deixar pasar un día tan sinalado para lembrar a importancia que ten poder gozar dun canle de comunicación tan fermoso como é a nosa lingua. Deámoslle valor, prestixemos e manteñamos o noso idioma como algo valioso e querido que ten que perdurar xeración tras xeración como parte de nós mesmos para manter viva a nosa cultura e as nosas tradicións.

BO DÍA DA LINGUA PROPIA, E XA SABEDES:

 FÁLALLE EN GALEGO!!!

FOTO DA MESA POLA NORMALIZACIÓN DA LINGÜÍSTICA






miércoles, 17 de febrero de 2021

24 de Febreiro Día de Rosalía.

Boa tarde a todas e todos, mañá volvemos ao cole pero a nosa actividade non para nunca. 

A vindeira semana conmenmoramos o Día de Rosalía a gran poetisa galega que é referente para todas as galegas e todos os galegos. 

Deixamos un pequeno xogo para que aprendades algunhas cousiñas máis sobre a nosa autora.

Esperemos que o gocedes moito.


https://view.genial.ly/5ff75e8bc217200ce77cc6d5/game-breakout-o-dia-de-rosalia






jueves, 11 de febrero de 2021

Mandado para venres

 E remata a semana, cada día un mandado como colofón final imos ver que temos que levar mañá...






Dende EDLG esperamos que gocedes do Entroido con sentidiño pero con moita alegría.
Vémonos o xoves!!!!



miércoles, 10 de febrero de 2021

Mandado do xoves

 Día a día traemos cousas diferentes, mañá imos a andar con estilo. Vexamos o que nos manda Ramonciña.










martes, 9 de febrero de 2021

lunes, 8 de febrero de 2021

Mandado para Martes

 Hoxe viñemos todos elegantes coa nosa testa preparada para a festa.

Imos ver que temos que poñer mañá, lembrade cada día estar atentos aos mandados e traer só o do día...











viernes, 5 de febrero de 2021

Entroido no cole!!!

 Como todo este curso o Entroido vai ser un pouco diferente. Mais non queremos deixalo pasar. Cada día teremos un novo mandato. 

AÍ VAI O PRIMEIRO!!!!!





martes, 2 de febrero de 2021

Día da Candeloria

 Sabías que o día 2 de febreiro se celebra o día da Candeloria?


O día das Candeas ou día da Candaloria é unha época importante no ciclo astronómico xa que coincide coa metade do inverno, momento no que comezan a medrar os días . Di o refraneiro que: "pola candeloria medio inverno vai fóra" a partir de aquí a natureza comeza a prepararse para o seu estoupido de vida que chegará na primavera.

Neste día tamén se di " A partir da Candeloria ningunha ave voa soa" xa que a sabedoría popular cre que é o día no que se casan os paxaros.

Moitos refráns e ditos refírense a este día:


"Pola Candeloria casan os paxariños e mais a galiñola"

"Cando a Candeloria chora, a metade do inverno vai fóra e cando a Candaloria ri, a metade do inverno está por vir"


Podedes buscar máis ditos populares sobre as nosas tradicións para non esquecernos delas. 


                    Visto en rede.



A exposición foi un éxito

  Despois dunha semana de exposición salientamos o éxito desta, con visitas polas tardes e traballo nas aulas.  O alunmnado gozou da informa...