LETRAS GALEGAS 2019



A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro Cantares Gallegos, un 17 de Maio de 1863 e deste xeito homenaxear aos nosos escritores e escritoras cada ano, sendo a primeira en ser homenaxeada a propia Rosalía de Castro, a quen seguirían en anos posteriores grandes figuras das nosas letras.
Este ano o autor homenaxeado, como xa indicamos nunha entrada anterior, é Antonio Fraguas Fraguas, gran impulsor das nosas costumes e ditos que recolle na súa ampla bibliografía.
Dende o EDLG quixemos salientar esta faceta do autor e enlazala co proxecto do colexio, así no día de onte todo o alumnado do centro fixo unha actividade conxunta na que se realizaron viraventos con lapis e e papel ao que cada neno ou nena engade un dito, un refrán ou unha expresión en galego.
Agradecemos ás familias a aportación e recompilación dos ditos e ao Equipo de Bilioteca por compartir o traballo e a idea dos traballos conxuntos ( sempre do ganchete) como xeito de dinamizar as actividades do centro.
Así fixemos "viraventos do ganchete" que adornan os corredores e do que deixamos unha mostra a continuación







 

Aves: sucando o ceo



Dende o EDLG e o Equipo de Biblioteca elaboramos un pequeno video con algunhas das aves que sucan o noso ceo nalgún momento. Agardamos que vos guste e que a partires del vos entre a curiosidade ornitolóxica, observedes as nosas amigas as aves aprendendo  os seus nomes e moitas máis curiosidades sobre os seres vivos que sucan o ceo



https://youtu.be/s9PWyitTvf0





O PASPALLÁS E O SOL


Díxome o paspallás
cando pasei polo río
que non saía ao sol
por mor de que vai frío.


Eu mandeille un abrigo
de cunchiñas do mar
para que se acochase
e saise a pasear.

E o Sol saiu tan forte
que o paspallás voou
e entre moitas folliñas
co medo se agochou.

Anisia Miranda
Cantarolas.
Editorial Xerais


Letras Galegas 2019. Antonio Fraguas Fraguas.

Achégase o 17 de maio, data na que celebramos o Día das Letras Galegas.
Este ano o autor homenaxeado é Antonio Fraguas Fraguas que foi un gran investigador dos costumes, das tradicións e da xeografía de Galicia. 
Como sería moi extenso explicar toda a súa obra e investigación imos deixar o enlace do traballo realizado por Seminariogalan.org, que todos os anos se encarga de facer actividades sobre a obra e vida do autor/a, coa colaboración de profesorado deste centro.



http://seminariogalan.org/ 







Código QR

Avanzamos un pouco na tecnoloxía e hoxe creamos un código QR para ter acceso rápido ao noso blog dende os diferentes dispositivos.

Esperamos que vos sexa útil.

Ata pronto.


Ramón de la Sagra. Biografía

Dende o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega editamos un díptico para informar a toda a comunidade educativa sobre a figura de Ramón de la Sagra co obxectivo de dar a coñecer á persoa que lle dá nome ao noso centro.
O díptico entregouse ás familias no mes de decembro co cal xa o coñecedes en papel, agora queremos que todo o que teña curiosidade poida acceder tamén desde este blog.
Agardamos que sexa unha información do voso interese.


Ata pronto. 


Xa estamos de volta.

Dende o equipo de EDLG do Ramón de la Sagra queremos darvos a benvida a todos e todas ao novo curso. Agardemos que todos gocemos de novas e estimulantes experiencias coa nosa lingua como protagonista. 
Deixamos aquí como comezo un poema de Eduardo Pondal, o bardo de Ponteceso, para que xa dende o primeiro día vos vaiades animando a ter o galego presente nas vosas actividades cotiás.
Bo comezo e benvidas e benvidos ao novo curso 2018/2019



FALADE GALEGO

Meniñas da Cruña,
de amabre despexo,
de falas graciosas
e pasos lixeiros,
deixá de Castela
os duros acentos:

falade, meniñas,
falade galego.

Cando é que vos ouzo,
a patria esquecendo,
falar esas duras
palabras de ferro,
non sei o que sufro,
non sei o que peno:

falade, meniñas,
falade galego.

Mas cando falades
nos patrios acentos,
envoltos no voso
anxélico alento,
parece que escoito
un canto do ceo:

falade, meniñas,
falade galego.


Eduardo Pondal (2001). Poesía galega completa II Poemas Impresos, edición de Manuel Ferreiro. Santiago de Compostela. Sotelo Blanco

Os peixiños do mar

Isto xa vai rematando... mais non podiamos despedirnos sen ensinarvos o fermoso resultado do traballo feito por toda a comunidade educativa do CEIP Ramón de la Sagra. Grazas Manuel pola túa axuda!


peixiños mar from EDLG Ramon Sagra on Vimeo.

Bo verán!!

LETRAS GALEGAS 2019

A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a public...