viernes, 28 de octubre de 2022

Remata o tempo de Samaín


    Ola a todos e todas, rematou a semana do Samaín desexarvos que pasedes unha boa ponte e agradecer todas esas cabazas tan marabillosas que compartistes para toda a comunidade educativa.

 Sodes moi grandes e verdadeiros artistas. Imos deixar unhas imaxes das cabazas iluminadas co gran traballo feito por todos e todas.

















E agora a pensar xa no...
MAGOSTO





martes, 25 de octubre de 2022

As nosas cabazas terroríficamente FERMOSAS!!!!

 Ola, a verdade é que poucas palabras podemos dicir da gran exposición que estamos facendo no cole coa colaboración de todas e todos.

Grazas! Sodes uns artístas magníficos!

Non podemos colocar todas as cabazas así que deixamos unha pequena mostra nas fotos e video que ven a continuación.

Lembrade que mañá a partir das 16:00 horas podedes visitar as obras de arte que están expostas no exterior do colexio.














sábado, 22 de octubre de 2022

Chegou o outono

Hoxe traemos varias novidades.

Os compañeiros e compañeiras de 6º compartiron con nós nos últimos 15 días moitas cousas interesantes nos nosos encerados.

Grazas pola colaboración, fermoso traballo.





 Pois así como quen non quere a cousa o outono está enriba de nós.

Xa sabemos que o outono comezou hai un mes pero esta semana chegou de verdade o tempo meteorolóxico, tempo de abrigarse, de facer máis cousiñas na casa. E como o Samaín está á volta da esquina imos alá propoñendo a colaboración de todas e todos para ter as cabazas máis terroríficamente fermosas de toda a contorna para isto enviamos unha nota o venres na que vos explicamos como imos facer este curso para celebrar o noso SAMAÍN






















viernes, 7 de octubre de 2022

Novidades

 Ola, o curso vai a todo filispín e dende EDLG xa comezamos a facer as nosas cousiñas.

Como primeira aportación fíxose unha plantación de lavanda nun dos poucos espazos verdes que poden gozar os nosos alumnos e alumnas. Agora a esperar a que medre e despois experimentar o seu recendo tan fermoso. Un espazo para coidar e manter entre todos.

Velaí van unhas fotos para que todas e todos saibades onde están.





Por outra banda esta semana comezaron os "encerados participativos" nos que alumnado do cole vai a plasmar as súas ideas, palabras, frases ou inquedanzas para compartir cos demais e aprender así novo vocabulario ou novas expresións en galego.
Mirade que fermoso quedou o das compañiras e compañeiros de 6º deixaron o pavillón ben alto, así que a seguir así todo o curso. Fermoso!!! Grazas por compartilo con todas e todos nós!!!!











A exposición foi un éxito

  Despois dunha semana de exposición salientamos o éxito desta, con visitas polas tardes e traballo nas aulas.  O alunmnado gozou da informa...