miércoles, 20 de diciembre de 2023

Bo Nadal. Feliz 2024

 Como pasa o tempo!!!

Xa estamos outro ano máis celebrando o Nadal. como non podía ser menos no cole celebrámolo por todo o alto. 
Decoración.
Solidariedade.
Ilusión.
e....lambetadas.
 Un ano máis o alumnado de 4ºA recolleu turrón para compartir cos menos afortunados, grazas a todas e todos pola implicación.
Repetimos tamén mandar un pouco de agarimo e ledicia para os nosos maiores que, moitas veces nestas datas, se volven nenos e nenas e tamén queren o seu momento de ilusión. Preciosas todas as postais. Sodes grandes artistas e moi xenerosos e xenerosas.
Visita especial dun enviado que recolleu as nosas peticións para trasladalas aos encargados ou encargadas de facelas posibles.
E queda unha última actividade para o día final que será moi, moi saborosa.

E por suposto a gran DECORACIÓN de todas as aulas.

OLLADE, OLLADE...

         













domingo, 3 de diciembre de 2023

Os nosos ditos de outono

 Está rematando o ano e quixemos deixar claro que a sabedoría poupular é marabillosa.

En novembro os ditos e refáns galegos escribíronse coas nosas mans.





Con este mandado comezamos o mes.  A resposta foi espectacular. Aqui deixamos só unha pequena mostra.







GRAZAS A TODAS E TODOS POR COLABORAR





A granxa de Monelos. Exposición.

  Como xa sabedes esta semana o noso centro acolle unha exposición moi especial para toda a contorna. A historia, non tan lonxana, dos terre...