martes, 21 de junio de 2022

FELIZ VERÁN!!

 Remata o curso coas súas inquedanzas superadas, ou non, coa ilusión de gozar do sol, a praia, a aldea, da familia ou, porque non, só dun día de sofá.

O verán é ledicia, o verán é goce o verán é repoñer pilas para o novo curso.

Para os que marchades ao instituto, sorte, sorte e sorte. 

Para os que aquí quedamos vémonos en setembro!

BO VERÁN!

 FELIZ DESCANSO!

Á VOLTA MÁIS E MELLOR.










sábado, 18 de junio de 2022

Os xoguetes dos meus avós.

 Levamos dous cursos moi estranos con isto da pandemia do COVID-19, pouco a pouco imos recuperando unha nova normalidade na que aínda nos temos que coidar e seguir tomando precaucións para coidarnos e coidar aos demais.

Cada un de nós viviu a súa propia historia e hoxe queremos compartir con vós, xa como case un remate de curso, unha parte da vida dun dos nosos compañeiros Javier Seoane Sánchez. Javi vai emprender unha nova aventura no instituto o próximo curso e temos a seguranza que vai ser fantástica. Temos que agradecer que el e a súa familia nos dean permiso para compartir este video e fotos nos que nos ensina como o seu avó Antonio e  a súa avoa Paquita fan xoguetes con cousiñas da súa casa e totalmente artesanais.

O video e fotos teñen moitos valores a ter en conta: o respecto aos nosos maiores, o agarimo da familia, o recoñecemento ás nosas tradicións e sobre todo pon en relevancia a gran aportación que fan persoas como Antonio e Paquita para que se conserven sempre o noso idioma, as nosas tradicións e a nosa cultura.

GRAZAS SODES FANTÁSTICOS TODA A FAMILIA!!













Aquí deixamos o enlace a un vídeo emotivo e precioso, esperamos que o gocedes e vos guste.


https://youtu.be/LF2OX0CITTo 





jueves, 16 de junio de 2022

QUE FRÍO, FINAL!

 Hoxe rematamos cun pequeno vídeo que resume estas catro semanas onde aprendemos refráns e ditos sobre o frío e novo vocabulario para saber máis palabras no noso fermoso idioma galego, non o esquezades no verán, practicádeo moito en setembro voltaremos con outras novas ideas. 

Mais isto non é unha despedida estade atentos e atentas que neste blog temos unha sorpresa final para vós!!!








miércoles, 15 de junio de 2022

QUE FRÍO 4!

 Remata o curso e o noso tema de cole tamén vai entrando na recta final así que hoxe deixamos os últimos refráns sobre o frío. Deixámosvos os de esta semana.














martes, 7 de junio de 2022

QUE FRÍO 3!

 Seguimos coa nosa actividade relacionada co tema do cole. Aí van os ditos desta semana e as palabras para coñecer vocabulario novo.

Podedes traer os vosos propios para poñer nos nosos encerados da entrada.


















A granxa de Monelos. Exposición.

  Como xa sabedes esta semana o noso centro acolle unha exposición moi especial para toda a contorna. A historia, non tan lonxana, dos terre...