domingo, 28 de abril de 2024

A exposición foi un éxito

 Despois dunha semana de exposición salientamos o éxito desta, con visitas polas tardes e traballo nas aulas.

 O alunmnado gozou da información que proporcionaba e moitas persoas se interesaron tamén pola historia que hai detrás dos terreos que agora ocupa a nosa contorna. Que bonito é saber da nosa historia!!!!

Grazas a todas e todos por facer posible que a nosa historia siga.











jueves, 25 de abril de 2024

A granxa de Monelos. Exposición.

 Como xa sabedes esta semana o noso centro acolle unha exposición moi especial para toda a contorna. A historia, non tan lonxana, dos terreos nos que se asenta o noso centro e moitos dos nosos domicilios.

Como unha imaxe vale máis que mil palabras (iso din, aínda que as palabras en galego expresan máis que moitas imaxes) deixamos unha mostra da nosa expo na entrada do cole.

Lembrade que tedes esta semana polas tardes para facer a visita.








































sábado, 20 de abril de 2024

A historia da nosa historia

 O venres alumnado de 4º de EP foi polas clases para dar unha valiosa información... a partir do próximo luns 22 de abril o noso centro acolle unha exposición moi especial que nos conta algo da nosa recente historia.

Hai moitas cousas que descoñecemos do que temos cerca e con esta exposición queremos achegarvos información sobre algunhas cousiñas que temos debaixo, a carón ou preto de onde vivimos e estudamos.

A exposición estará ubicada nas grellas da entrada e as persoas que queiran visitala terán a oportunidade de facelo dende o luns polas tardes durante toda a semana.

Esperemos que vos guste e animádevos a visitala.

O noso agradecemento ás entidades colaboradoras por facer posible que esta exposición estea no noso centro e polo seu traballo de recompilación.

A GRANXA AGRÍCOLA DE MONELOS
















sábado, 13 de abril de 2024

Cantamos coas mans

 Un ano máis o cole participa no concurso da Federación de Asociación de Persoas  Xordas de Galicia (faxpg) CANTAMOS COAS MANS  e este ano:


        POR PARTIDA DOBRE!!!!


Alumnado de 4º e 5º do cole e coa dirección da nosa compañeira Rosa fixeron uns videos moi chulos cos que participar. Xa sabedes que isto vai por votación así que imos deixar o enlace para que poidades entrar e votar pola que máis vos guste. Nós temos o corazón dividido e aínda que sempre defendamos a nosa lingua, que é a nosa paixón, valoramos o esforzo dos catro cursos para levar a cabo este proxecto.


Alumnado de 4º con A FALA


https://www.youtube.com/watch?v=mTFx4FHKupg


Aalumnado de 5º con ESO QUE TU ME DAS


https://www.youtube.com/watch?v=xidl-n4eer4&t=5s


E AGORA A VOTAR!!


 APOIADE!!

 

https://www.faxpg.es/votar-videos-cantamos-2024-es.html






sábado, 6 de abril de 2024

Somos artistas!

 Como xa explicamos hai uns días o 1 de abril os galegos e as galegas celebramos o día grande das Artes Galegas. Este ano dedicado a Francisco Asorey, quen deixou na nosa cidade unha pegada moi importante co seu monumento a outro dos grandes da literatura galega: Curros Enriquez o gran escritor de Celanova (Ourense)

Os nosos intrépidos artistas visitaron a escultura feita por Asorey neste descanso de primavera, sacaron fotos, observaron e reproduciron magníficamente nun debuxo o que viron. Todos son espectaculares e cada quen plasmou o artista ou a artista que ten dentro. Marabilloso o traballo!

Grazas ao alumnado de 4º A que se implicou moito, ao igual que outras clases do cole. 

Valorar o noso é valorar a cultura e recoñecer o traballo de artistas que marcaron camiño. Neste caso represéntase a unión de dúas artes a escultura e a literatura.








lunes, 1 de abril de 2024

Día das Artes Galegas

 Hoxe 1 de abril celebramos o Día das Artes Galegas que este ano están decicado  a Francisco Asorey, escultor nacido en Cambados (Pontevedra) en 1889,  e considerado como un dos grandes renovadores da escultura do século xx, pasou por diferentes lugares de España onde se empapou de grandes coñecementos e recibiu diferentes influencias artísticas; para volver a Santiago, cidade na que finaría en 1961, a desenvolver a súa creación artística.

Deixamos dous enlaces para que coñezades máis da figura de Asorey.

Traballo en formato calameo para que a información poida descargarse.

https://www.calameo.com/read/00670476681de789704e7

Xogo genia.ly para que vos divirtades e aprendades


https://view.genial.ly/65d74bdc76fecd001402c4ee







E chegou maio...o noso mes

Fonte: R.A.G Empezamos maio, o mes máis especial para todos e todas as que queremos ao noso idioma. Moitas son as tradicións que se recollen...