viernes, 29 de enero de 2021

Día da paz.

     Hoxe no cole celebramos o día da paz, non puidemos facer os nosos tradicionais bailes pero non queriamos deixar de facer algo para lembrar a importancia de manter a harmonía e a paz en todo o mundo empezando polo máis próximo a nós: o noso cole.

    Nenas e nenos de 6º de EP leron o poema de Xosé Neira Vilas e  Anisia Miranda "cantarola dos nenos" que o resto do alumnado e profesorado escoitou desde as súas aulas. A continuación escoitouse a versión cantada de Suso Vaamonde. Foi unha actividade de todo o centro para non esquecer que día a día temos a oportunidade de manter a paz nas nosas vidas.





Aqui vos deixamos os recursos por se queredes volver cantar ou recitar o poema.






domingo, 17 de enero de 2021

A sílaba


 Imos ver como andades de ortografía.

 Unha das grandes dificultades á hora de colocar os acentos gráficos é saber distinguir entre cando dúas vogais van xuntas (diptongo) ou en sílabas distintas, hoxe propoñémosvos que pasedes un anaco divertido de tempo e aprendades algo máis sobre as nosas palabras e as súas sílabas.

Entrade para ver se xa o sabedes todo ou tedes que aprender algo novo.

Ánimo!!!

 

https://view.genial.ly/5fb2cdd46891e80d12230612/guide-a-silaba 

 


 

miércoles, 6 de enero de 2021

As ferramentas

 Que sabes das ferramentas que empregamos para facer traballos no noso agro? No seguinte enlace poderás aprender o nome e uso de moitas delas.

Atréveste a xogar?


https://view.genial.ly/5fc5377ab4ceef0d0bd00811







sábado, 2 de enero de 2021

As plantas

 Ola, imos ver canto sabedes das plantas, aquí vos deixamos un enlace para que xoguedes e aprendades algo máis sobre elas.

Anivádevos a facer este pequeno reto.

 

https://view.genial.ly/5fbd414d1670610d0dfcd91e/game-as-plantas

 


 

 

 

 

A granxa de Monelos. Exposición.

  Como xa sabedes esta semana o noso centro acolle unha exposición moi especial para toda a contorna. A historia, non tan lonxana, dos terre...