viernes, 28 de abril de 2023

Misterios misteriosos

 Por que mestras do Ramón de la Sagra comen mazás vermellas?




Nos últimos días á hora do lecer as mazás foron o alimento estrela.


Xa sabemos que comer froita é moi saudable. Pero de todas as variedades que hai o que máis nos intriga é por que mazás??!! e sobre todo....
                                                                Por que todas son vermellas?




Só uns poucos e poucas privilexiados e privilixiadas coñecen a solución a este enigma...


Se pensades que sodes bos ou boas detectives teredes que facer as pescudas necesarias.







martes, 25 de abril de 2023

Unha visita moi emotiva

 A pasada semana as nenas e nenos de 3º de Primaria fixeron unha saída moi especial. Encamiñaron os seus pasos ata a Residencia de Maiores Concepción Arenal.

Alí agardaban por eles os residentes que recibiron así a visita dos nenos e nenas que sempre é un motivo de ledicia.

O alumnado levou uns xogos feitos por eles para compartir momentos de lecer cos anciáns e en correspondencia afrecéuselles uns deliciosos manxares.

Iniciativas así fan que xeracións tan distantes no tempo cronolóxico resulten moi  enriquecedores para ambas partes, valorando as diferentes experiencias e facendo conscientes aos nenos e nenas de realidades que lles son descoñecidas na súa maioría.
























domingo, 23 de abril de 2023

Cantamos coas mans.

 O noso alumnado de 3º participa no concurso da "Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia"   FAXPG. " Cantamos coas mans"

A canción que escolleron foi  "Nais e avoas" de Pauliña, quen fai unha colaboración ao principio do video. 

Xa sabedes o que hai que facer. A VOTAR POLAS NOSAS ARTISTAS E OS NOSOS ARTISTAS!

Deixamos o enlace para que poidades facelo. So con entrar na páxina xa tedes os pasos para votar polo noso cole.

 Animádevos!


.https://www.faxpg.es/cantamos-con-las-manos-es.html




E aquí está o enlace da canción.


https://www.youtube.com/watch?v=JafGI3WiLW4



Grazas Rosa por todo este traballo.




jueves, 20 de abril de 2023

Que se está cociñando para o día das Letras????

 Achégase o mes de maio, o mes das nosas Letras!!!

Dende EDLG estamos preparando unha sorpresa para compartir coa veciñanza da contorna.

Deixamos unhas pistas....








miércoles, 19 de abril de 2023

Artistas de 5ºEI

 Esta semana o alumnado de 4º EI foron os encargados de deixarnos a súa pegada nos nosos encerados comunicativos. 

Chegou a primavera e quixeron compartilo con todos nós.

Grazas por este marabilloso traballo.











A granxa de Monelos. Exposición.

  Como xa sabedes esta semana o noso centro acolle unha exposición moi especial para toda a contorna. A historia, non tan lonxana, dos terre...