martes, 29 de mayo de 2018

Celebración das Letras Galegas

Este ano, contamos con numerosas actividades para a celebración das Letras Galegas:

A inauguración da semana das nosas letras veu da man dun trío de cantareiros que actuaron para todo o colexio. Queremos agradecerlle ao pai de Xela de E.Infantil por ensinarnos o seu cantar. Aquí vos deixamos mostra do ben que soan:




Mª Victoria Moreno foi a homenaxeada este ano polo día das Letras Galegas, polo que non podía faltar unha actividade para a súa memoria. Esta foi "DA RIMA Á LIÑA", quixemos afondar na literatura a través dos sentidos e non podía estar mellor guiada máis que por Laura Rey, traballadora do noso colexio e escritora. Moitas grazas a Laura pola súa colaboración.




O peche da celebración foi moi especial xa que Sebas decidiu agasallarnos tocando para nós. Ollade e desfrutade:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

A granxa de Monelos. Exposición.

  Como xa sabedes esta semana o noso centro acolle unha exposición moi especial para toda a contorna. A historia, non tan lonxana, dos terre...