viernes, 29 de enero de 2021

Día da paz.

     Hoxe no cole celebramos o día da paz, non puidemos facer os nosos tradicionais bailes pero non queriamos deixar de facer algo para lembrar a importancia de manter a harmonía e a paz en todo o mundo empezando polo máis próximo a nós: o noso cole.

    Nenas e nenos de 6º de EP leron o poema de Xosé Neira Vilas e  Anisia Miranda "cantarola dos nenos" que o resto do alumnado e profesorado escoitou desde as súas aulas. A continuación escoitouse a versión cantada de Suso Vaamonde. Foi unha actividade de todo o centro para non esquecer que día a día temos a oportunidade de manter a paz nas nosas vidas.





Aqui vos deixamos os recursos por se queredes volver cantar ou recitar o poema.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Traballando para o día grande!!!

No galego temos palabras doces como o mel, suaves como as plumas de paxaro e fermosas como os días solleiros de primavera.  Falar, escríbir,...