viernes, 13 de mayo de 2022

Remata unha semana intensa

 Dende EDLG estamos moi felices de todo o traballo realizado nesta semana na que nos adicamos a potenciar a nosa lingua.

Traballamos moitas e diversas actividades, entre elas as do www.seminariogalan.org coas súas actividades interactivas e de papel. Unha das que máis triunfou foi o libro das lapelas.



Mais a nosa maior satisfacción este ano foi o noso traballo das poesías, apoiando ao comercio de proximidade e interactuando coa veciñanza. Moitos deles mostraron o seu agradecemento nas súas redes sociais o que é para nós un motivo de ledicia.






Para rematar deixamos parte do noso traballo neste pequeno vídeo para que vexades que o traballo para a nosa lingua dá moitas alegrías.
Grazas a todos e todas por esta experiencia, nós seguiremos traballando para que a nosa Lingua, Cultura e tradicións non se queden no esquecemento.











No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

As Nosas Letras no noso cole

  Efectivamente, estamos xa mergullados no mes grande das Nosas Letras.  Chega o 17 de maio e o cole está preparado para achegar a toda a co...