viernes, 7 de octubre de 2022

Novidades

 Ola, o curso vai a todo filispín e dende EDLG xa comezamos a facer as nosas cousiñas.

Como primeira aportación fíxose unha plantación de lavanda nun dos poucos espazos verdes que poden gozar os nosos alumnos e alumnas. Agora a esperar a que medre e despois experimentar o seu recendo tan fermoso. Un espazo para coidar e manter entre todos.

Velaí van unhas fotos para que todas e todos saibades onde están.





Por outra banda esta semana comezaron os "encerados participativos" nos que alumnado do cole vai a plasmar as súas ideas, palabras, frases ou inquedanzas para compartir cos demais e aprender así novo vocabulario ou novas expresións en galego.
Mirade que fermoso quedou o das compañiras e compañeiros de 6º deixaron o pavillón ben alto, así que a seguir así todo o curso. Fermoso!!! Grazas por compartilo con todas e todos nós!!!!











No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

As Nosas Letras no noso cole

  Efectivamente, estamos xa mergullados no mes grande das Nosas Letras.  Chega o 17 de maio e o cole está preparado para achegar a toda a co...