jueves, 22 de diciembre de 2022

O colexio solidario

 Como todos os anos alumnado do colexio levou a cabo a recollida solidaria de turrón para entregar á cociña económica. Neste caso os alumnos e alumnas de 3º A foron os encargados de elaborar os agasallos e recoller o turrón. Grazas á nosa compañeira Mará José que sempre se mostra tan solidaria e colaboradora.




Este ano dende EDLG tamén quixemos realizar unha actividade para todo o centro na que nos acordamos dos nosos maiores e facerlle un Nadal máis ledo.
Alumnado do centro escribiu postais  para enviar a residencias da contorna.. Non podemos estar máis agradecidas dende o noso equipo ante a resposta que tivemos pola proposta.  Profesorado e alumnado respostou de xeito xenial para enviar os nosos agarimos.
En EDLG fixemos unha carta para enviar como presentación desexando o mellor para todos.




















No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Saborea o galego

  Foi un día emocionante o día 16. Nós sempre defendendo o noso idioma quixemos render unha homenaxe á autora principal deste ano nas Letras...