viernes, 10 de febrero de 2023

Entroido

 Ola de  novo!

Como pasa o tempo! Día a día xa pasou  o xaneriro xeadeiro e chegamos ao mes do Entroido.

En febreiro e para escorrentar o frío temos unha das festas máis populares de toda Galicia. Moitas son as zonas onde ferve o ambiente carnavaleiro. O que se vai esquecendo é que o Entroido, Antroido ou carnaval comeza moito antes dos días máis sinalados ou coñecidos.

Este ano nos nosos encerados comunicativos puxemos nome a cada un dos días de celebración para que vexades que non se limita a unha festa de poucos días. Mirade ben e se queredes investigade que se ten que facer en cada unha das datas.


 








E por suposto os corredores vanse decorando aos poucos.
Se todas as festas son para gozar no entroido...A RACHAR!!!








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

As Nosas Letras no noso cole

  Efectivamente, estamos xa mergullados no mes grande das Nosas Letras.  Chega o 17 de maio e o cole está preparado para achegar a toda a co...